Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A APTCM, nominada aos premios HG&T-Agaxet por conservar e promocionar o noso patrimonio

A APTCM, nominada aos premios HG&T-Agaxet por conservar e promocionar o noso patrimonio
A Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte figura entre os finalistas, clasificada para os premios Hostelería Galega, Gastronomia e Turismo-Agaxet. E foi nominada na categoría de Conservación e Promoción do Patrimonio, polo desenvolvemento dos plans de dinamización turística. Unha nova demostración e que o mellor xeito de promocionar o noso turismo, é conservar o que temos.

Gala HG&T-Agaxet

Os tres finalmente nominados desvelaranse e proclamaranse no decorrer da XIII Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia que terá lugar o vindeiro 2 de marzo a partir das 19:00 horas, este ano na sede social de Novacaixagalicia en Pontevedra. A Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia é un dos maiores eventos intersectoriais de cantos se celebran na nosa comunidade relacionados cos sectores da hostalería, o turismo e a gastronomía. Por tal motivo, a APTCM quere agradecer a HG&T e a Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de turismo a súa candidatura, que en si xa recoñece o traballo dos e das profesionais do sector turístico da Costa da Morte que conforman a asociación.

Visitas comerciais

Por outra banda, o persoal técnico da APTCM, Anabel Piñeiro e Tania Carreira, despois de participar nas feiras de Navartur e no exitoso Forum Gastronómico de Girona, levou a cabo diferentes visitas comerciais nesas cidades. As técnicas coñeceron de primeira man numerosas axencias de viaxes, demostrando que o traballo a pé de campo é moi importante. E non paran, xa que esta semana emprende viaxe con destino a Alacante e a Murcia onde participará nas accións comerciais organizadas por Turgalicia. Os asistentes a estas presentacións entrarán no sorteo dunha fin de semana nos seguintes establecementos da Costa da Morte: Hotel Rústico A Torre de Laxe, Casa Trillo, Hotel Insua, Hotel El Hórreo e Hotel Monteblanco.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios