Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte dinamiza o Turismo da Coruña

A Costa da Morte dinamiza o Turismo da Coruña

O Concello da Coruña vén de contar con empresas da Costa da Morte para as últimas novedades en materia turística, un dos meirandes motores económicos da vila herculina. Dúas son as campañan que se están a desenvolver dende a nosa bisbarra: as novas redes sociais de Turismo Coruña; e unha nova aplicación para os móbiles de última xeración que consisten nunha nova Guía Interactiva para dispositivos.

"Realidade Aumentada" na Coruña

Por unha vez foi pioneira a Costa da Morte en materia de novas tecnoloxías. A vila de Corcubión foi prototipo da aplicación desenvolto pola empresa santiaguesa con participación costeira Sixtema. O corcubionés Alejandro Lamas lidera este proxecto, co que a golpe de móbil de última xeración de calquera tablet, podemos recibir información dos monumentos máis característicos da vila de San Marcos.

Unha proposta que xa foi presentada polo Concello da Coruña, por parte do primeiro teniente alcalde de responsable de Turismo, Henrique Tello. Trátase dunha Guía Interactiva, mediante a que o Concello aposta por aproximarse a un perfil de turistas novos, tecnológicamente formados e con recursos, un dos perfís de visitantes que máis viaxes e escapadas realizan á nosa cidade.

A guía foi realizada por unha UTE de tres empresas, Sixtema, Galinus e Imaxin) . Ademais a empresa carballesa Abertal desenvolveu a web www.turismocoruna.com.

Na guía recompílanse máis de 800 recursos turísticos da cidade, incluíndo edificios, monumentos, museos, hoteis ou restaurantes.

Un vídeo de MR

E aquí vos deixamos co vídeo que realizou Gustavo Zuin, do estudo ceense Marcos Rodríguez Fotografía, no que o propio Jan Lamas é un usuario das novedosas aplicacións da Realidade Aumentada.

Galinus dinamiza as redes sociais de Turismo Coruña

A relación do concello coruñés para coa Costa da Morte é maior. Xa que as redes sociais de Turismo Coruña. Dende Corcubión, a empresa Galinus Taller de Novos Medios, nai do xornal QPC, é a responsable de coidar e dinamizar o Facebook e o Twitter de Turismo da Coruña.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios