A APTCM, nominada aos premios HG&T-Agaxet por conservar e promocionar o noso patrimonio

10:07 28/02/11

Gala HG&T-Agaxet
Os tres finalmente nominados desvelaranse e proclamaranse no decorrer da XIII Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia que terá lugar o vindeiro 2 de marzo a partir das 19:00 horas, este ano na sede social de Novacaixagalicia en Pontevedra. A Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia é un dos maiores eventos intersectoriais de cantos se celebran na nosa comunidade relacionados cos sectores da hostalería, o turismo e a gastronomía. Por tal motivo, a APTCM quere agradecer a HG&T e a Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de turismo a súa candidatura, que en si xa recoñece o traballo dos e das profesionais do sector turístico da Costa da Morte que conforman a asociación.Visitas comerciais
Por outra banda, o persoal técnico da APTCM, Anabel Piñeiro e Tania Carreira, despois de participar nas feiras de Navartur e no exitoso Forum Gastronómico de Girona, levou a cabo diferentes visitas comerciais nesas cidades. As técnicas coñeceron de primeira man numerosas axencias de viaxes, demostrando que o traballo a pé de campo é moi importante. E non paran, xa que esta semana emprende viaxe con destino a Alacante e a Murcia onde participará nas accións comerciais organizadas por Turgalicia. Os asistentes a estas presentacións entrarán no sorteo dunha fin de semana nos seguintes establecementos da Costa da Morte: Hotel Rústico A Torre de Laxe, Casa Trillo, Hotel Insua, Hotel El Hórreo e Hotel Monteblanco.Máis información
Novas relacionadas
- A Costa da Morte dinamiza o Turismo da Coruña.
- A denominación de orixe da Costa da Morte triunfa no Forum Gastronomic de Girona.
- APTCM busca unha rede de contactos estables para comercializar a Costa como destino turístico.
- Fam Press: Xornalistas especializados de toda a península coñecen os tesouros da Costa.
- APTCM crea iniciativas en tempada baixa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fotografía da fotomontaxe de Xosé María Lema Suárez, do Cruceiro do Marco do Couto, do Calendario de Cruceiros da Costa da Morte 2011, da SEMESCOM.