A Asoar alerta da necesidade de medidas para recuperar a pesquería do polbo
09:40 08/08/11
A comezos de ano, a ASOAR-ARMEGA prantexaba a necesidade de tomar medidas de profundidade para a recuperación da pesquería do polbo, por mor da mala situación da mesma e a importancia que ten a mesma para a pesca artesanal en Galicia, inmersa dentro dunha profunda crise.
Segundo contan dende a ASOAR, a Consellería do Mar pretendeu dar unha imaxe de recuperación, incluso evitando realizar vedas. A Asociación asegura que o entre autonómico “pretendía alzarse como defensora da pesca artesanal, se ben só prestaba atención e vontade política específica aos problemas de cotas da pesca industrial de arrastre”.
Falan da ausencia da falla de atención real á pesca artesanal grazas á presión de todo o sector á Consellería, de xeito que se viu obrigada a realizar unha pequena veda, sen ter en conta algunhas medidas propostas pola entidade, como unha parada biolóxica ou estudos da pesquería. Dende a ASOAR-ARMEGA láianse de que a Xunta só preste atención á pesca industrial e a determinado tipo de acuicultura, de xeito que a pesquería do polbo segue cos mesmos problemas.
A Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia asegura que a situación e as perspectivas son moi desfavorables. Así, e tendo en conta os resultados oficiais das capturas de polbo do pasado mes de xullo, o descenso foi dun 160% e un 210% con respecto a 2007 e 2008, respectivamente.
A Asoar reafírmase na necesidade de establecer una parada biolóxica remunerada dunha duración de polo menos dous meses, xa que aseguran que os resultados acadados co establecemento dunha veda de só cinco semanas non foron prósperos para a recuperación do recurso.
Por outra banda, aseguran que aumentar o período de veda non sería asumible para as economías dos traballadores que se dedican á captura do polbo, debido á presión á que se encontra sometido o sector en canto a outras pesquerías. Deste xeito, afirman que en moitos casos a única solución que encontran a esta situación é amarrar o barco, coas graves repercusións económicas que esas decisións teñen para os propios mariñeiros e incluso para os pobos onde o motor económico é a pesca.
Tamén solicitan que se recupere o sistema de topes semanais entre os meses de outubro a maio en detrimento dos diarios que se utilizan agora, de xeito que se descarguen maiores cantidades diariamente e así mermar na medida do posible todas as perdas que se producen polos días que non se pode faenar a causa dos temporais.
ASOAR-ARMEGA insta a que se volvan a implantar estas medidas na pesquería do polbo, e que desta forma “o sector e a administración regresen ao bo camiño para conseguir a recuperación de esta especie, e apoien realmente á pesca artesanal galega”.
Novas relacionadas
- 3 fisterráns furtivos son detidos con 23 quilos de pateiro tras unha persecución.
- ASOAR-ARMEGA volveu ser a voz da pesca artesanal no Parlamento Europeo.
- A ASOAR-ARMEGA volve ser a voz da pesca artesanal en Bruxelas ante a Comisaria María Damanaki.
- 22-11-10: A Asoar – Armega defendeu a Pesca Artesanal en Bruxelas.
- ASOAR-ARMEGA segue levando o mar ás Escolas.
- Un novo premio ao Traballo Digno da Asoar-Armega – Un repaso ao completo traballo da entidade.
Fonte
- Nota de prensa de ASOAR-ARMEGA.