![O vindeiro 24 de outubro, a biblioteca Rego da Balsa celebra o seu primeiro aniversario]()
O vindeiro sábado, a biblioteca Rego da Balsa celebra o seu primeiro aniversario
Con motivo do seu primeiro aniversario e do Día da Biblioteca, a biblioteca Rego da Balsa de Carballo inicia hoxe unha semana cargada de actividades culturais especiais dirixidas a todos os públicos. Hoxe, ás 19:00 horas, terá lugar un faladoiro co polivalente
Suso Lista, no que abordará as súas distintas facetas da súa vida: percebeiro, actor, escritor… contestando ás preguntas dos asistentes. Esta cita está dirixida ao público adulto.
Durante toda a semana tamén se levará a cabo o
obradoiro de radio que se inclúe dentro do programa do “Fiotiño”. E mañá mércores, ás 18 horas, un grupo de voluntarios narrarán uns contacontos para o público infantil.
Xa o xoves 22 ás 18:00 h,
Ángela Triana, unha poeta novel, fará a presentación da súa ópera prima “Celebra la Tormenta”, obra na que se abordan micropoemas cargados de sentimento. Durante a presentación realizarase ademais un pequeno e improvisado obradoiro de microrrelatos.
A maiores de todas estas actividades, está a iniciativa
“A Biblio nun día” que consiste na realización dun vídeo sobre o traballo do persoal durante o propio día 24, que se presentará para ser incluído no proxecto cinematográfico da directora de
Isabel Coixet, #Spaininaday, e para o que piden a colaboración dos carballeses para achegarse a mañá do sábado á biblioteca e participar nela.
Todas as actividades son gratuítas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Carballo