A CIG leva a súa ILP polo emprego aos Concellos da bisbarra
A CIG rexistrou mocións en todos os Concellos da Costa da Morte solicitando o apoio das Corporacións locais á ILP polo emprego que está a presentar en todo o país. A central sindical está a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas e divulgación da súa Iniciativa Lexislativa Popular. Unha campaña que arrinca xa para acadar as 15.000 sinaturas necesarias para que a ILP poida ser abordada no Parlametno Galego.
Dita moción xa foi debatida no Pleno do Concello de Corcubión e aprobada gracias ao apoio do grupo municipal do BNG (PSOE abstívose e PP votou en contra); e agárdase que nas vindeiras semanas tamén sexa debatida no resto dos Concellos da comarca.
Ademais, a Unión Local de Cee ten previsto manter un encontro hoxe luns en Mazaricos con representantes do sector gandeiro para explicar as 100 medidas propostas pola CIG, entre as que tamén se contemplan actuacións específicas para o sector agrogandeiro.
As medidas que a CIG contempla na ILP están "encamiñadas a sentar as bases para un desenvolvemento económico e social máis sostíbel e suporán un aumento do emprego e unha mellora de dereitos sociais e da calidade de vida da poboación". A batería de propostas da central sindical abarcan diversos ámbitos, como a política industrial, a laboral, de emprego nos servizos públicos, fiscal, financeira, de inclusión social e laboral, medioambiental, etc.
Novas relacionadas
- O mar, o agro e o turismo, os motores do Plan de Desenvolvemento do BNG para a Costa da Morte.
- #ParoCdM: O sector servicios segue freando a mellora do paro na Costa.
Fonte
- CIG.