Venres. 26.04.2024
El tiempo

A comarca conta coas reservas hídricas suficientes que garanten o abastacemento

A comarca conta coas reservas hídricas suficientes que garanten o abastacemento
abastecemento-auga Dende a administración pídenlle á cidadanía un uso responsable dos recursos "Os sistemas de abastecemento da bacía do río Xallas e Cee (Sistema 7) e do río Castro (Sistema 8) contan con reservas hídircas suficiente para garantir o abastecemento", así o indicou o director de Augas de Galicia - Roberto Rodríguez Martínez - quen trasladou aos concellos que se abastecen destes sistemas  - Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos e Santa Comba -, despois de analizar os datos remitidos con anterioridade. O director de Augas de Galicia aclarou que, no que respecta aos concellos que se abastecen dende o encoro de Santa Uxía, as reservas hídricas existentes no río Xallas son suficientes para garantir o abastecemento a estes núcleos de poboación. Neste sentido, non se considera preciso pedir a estes concellos un esforzo adicional. Naqueles concellos que se abastecen desde outras fontes, analizouse a posibilidades de aproveitamento das reservas hídricas dispoñibles no caso de requirir un reforzo no seus sistemas. Roberto Rodríguez reiterou que o abastecemento á poboación está garantido, pero débese facer un uso responsable dos recursos. Non obstante, a situación é diferente aos outros sistemas en alerta, ao dispor o río Xallas de importantes reservas hídricas, debido ao sistema de encoros hidroeléctricos que regulan a cunca. Estes recursos existentes ponde ser garantía para o abastecemento de todos os concellos afectados, tanto se se abastecen dende o encoro de Santa Uxía como dende outras fontes. Novas relacionadas Fonte

Comentarios