martes. 10.06.2025
El tiempo

A Costa da Morte estará presente en Ecogalia, o II salón ecolóxico de Galicia

A Costa da Morte estará presente en Ecogalia, o II salón ecolóxico de Galicia
agua mar bretema vimianzo A agua mar Brétema, comercializada por una empresa de Vimianzo, estará en Ecogalia Coido de Sabadelle, as Redeiras da Illa dea Estrela de Corme, a asociación Mar de Fábula e a asociación de mulleres "Os Hórreos" - xunto con outras dez empresas máis da provincia coruñesa - participan no II salón Ecolóxico de Galicia, Ecogalia, que terá lugar en Expocoruña do 21 ao 23 de outubro e que está organizado pola Deputación da Coruña. Ecogalia pretende ser un punto de encontro das actividades ecolóxicas, o cal engloba o emprendemento verde, o compromiso coa produción local e a responsabilidade social e medioambiental, entre outras. Durante os tres días que dura o evento haberá cincuenta charlas técnicas e máis de 130 expositores de empresas de sectores coma a alimentación ecolóxica, a bio construción, as enerxías renovables, as terapias naturais ou a agricultura sostible. Tamén haberá unha pasarela de moda ecolóxica, unha exposición de vehículos eléctricos e un obradoiro de construción dun domo xeodésico, unha vivenda sostible con base a patróns xeométricos presentes na natureza. Stands Un dos obxectivos principais será destacar o concepto de turismo sostible entre as empresas asistentes, coa firme proposta de concienciar sobre o respecto ás persoas e lugares que se visitan e apoiar aquelas entidades que loitan por mellorar o medio, divulgan as vantaxes da reciclaxe e difunden accións sostibles. A gastronomía será o sector con maior representación, con seis empresas de diferentes zonas da provincia. O compromiso coa produción local e as iniciativas de recuperación do rural estarán representados pola asociación galega de Froitas Autóctonas dedicada a recuperar as árbores froiteiras tradicionais das comarcas de Eume, Ortegal e Ferrolterra ; Patacas Daterra, envasadora e comercializadora de produtos hortícolas localizados nas Terras das Mariñas, Miño e A Coruña, e a asociación de Mulleres Os “Hórreos”, que recuperou unha gran cantidade de parcelas improdutivas para poñer en marcha unha horta ecolóxica na zona de Muros, e que vén de ser premiada pola Deputación no Día da Muller Rural. As iniciativas gastronómicas máis innovadoras serán as presentadas por Coido de Sabadelle, que comercializa auga de mar en Vimianzo, e Bandua Beer (Sada), produtora de cervexa artesanal sen aditivos químicos ni proceso de pasteurización ou de filtrado. O mar terá tamén un peso importante no expositor da Deputación: Cuatro Pececitos (Ferrol) presentará a súa labor de reciclaxe que usa residuos do mar para facer obxectos de artesanía, a Asociación Mar de Fábula (Arteixo) mostrará a súa iniciativa de reunir voluntarios para limpar as costas de maneira desinteresada e As redeiras da Illa da Estrela de Corme exporá o seu taller, no cal recuperan e difunden a arte da confección das redes e a súa importancia para a xente do mar, ademais de realizar innovadores produtos a partir de redes recicladas. A reciclaxe tamén é a base da empresa coruñesa Khett, que exporá artigos de deseño feitos a partir de táboas de skate. Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación

Comentarios