Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte, no centro do Coaching Europeo

A Costa da Morte, no centro do Coaching Europeo

Observatorio Europeo del Coaching, OEC, é o novo portal de coaching que pretende situarse como unha referencia a nivel internacional. E nace, curiosamente, na Costa da Morte, da man de varios especialistas da zona de Santiago e outros emprendedores relacionados con A Costa da Morte.

En poucas materias a Costa da Morte é toda unha potencia a nivel galego. E a pesar do silencio adminstrativo da prensa estándar para co traballo de Galinus, Taller de Novos Medios, empresa nai deste diario, xa van varios os foros onde a Costa da Morte soa con forza no eido TIC.

E agora toca coahing. Este luns saía á luz o portal www.observatoriodelcoaching.com, desenvolvido, como dicimos, dende Corcubión da man dos especialistas santiagueses de QCoach.
Este proxecto pretende converterse nun axente de referencia no ámbito do desenvolvemento persoal, Coaching, liderado, PNL, entre outras disciplinas.

O Observatorio Europeo do Coaching é un proxecto que xurdiu por mor das suxestións dos centos de asistentes que cada ano participan nas Xornadas Internacionais de Coaching - XIC - debido á necesidade dun espazo activo de difusión.

En QPC seguiremos de preto o seu avance.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do OEC.

Comentarios