Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte perde uns 33.000 habitantes en vinte anos

A Costa da Morte perde uns 33.000 habitantes en vinte anos
  A Costa da Morte perdeu un total de 32.812 habitantes nos últimos vinte anos segundo os últimos datos de poboación publicados recentemente polo Instituto Galego de Estatística - IGE -. O total de habitantes na Costa da Morte (nos 18 Concellos que cobre QPC) a 1 xaneiro de 2016 era de 122.862 veciños, mentras que no ano 1896 había 155.674 censados; o que supón unha disminución de 32.812 persoas. A poboación debilitouse en todos os concellos da bisbarra a excepción de Carballo, que foi o único municipio que aumentou habitantes nos últimos vinte anos (con case 4.300 persoas máis). Mantívose practimente igual o concello de Cee onde no a 1 de xaneiro de 2016 había 7631 persoas fronte ás 7.746 do ano 1986. É dicir, unha variación de 115 habitantes. Pola súa banda, Coristanco foi o municipio da Costa da Morte que perdeu máis poboación nos últimos 20 anos. En total, a 1 de xaneiro de 2016 había 3.845 habitantes menos que no 1986. O envellecemento da poboación – onde os maiores de 85 anos superan aos menores de 4 anos – e a escaseza de nacementos son as principais causas da crise demográfica que vive na Costa da Morte.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios