venres. 16.05.2025
El tiempo

A Costa da Morte recibe máis de 160.000 para as actividades deportivas

A Costa da Morte recibe máis de 160.000 para as actividades deportivas
A Deputacion financia actividades deportivas como o Rallymix Terra de Xallas A Deputación financia actividades deportivas como o Rallymix Terra de Xallas Con cantidades que oscilan entre os 4.736,70€ - Malpica - e os 18.000€ - Camariñas - os concellos da Costa da Morte recibirán en total máis de 160.000€ da man da Deputación da Coruña para financias as actividades deportivas que se desenvolvan ao longo do presente ano. En concreto, o órgano provincial destina 789.149,99 euros a financiar este tipo de actividades en 90 concellos e catro entidades supramunicipais da provincia - Consorcio das Mariñas, e mancomunidades de Ferrol, Ordes e Arousa Norte -. As achegas provinciais oscilan entre os 18.000 euros que percibirán concellos como A Coruña ou Arteixo e os 2.210 que percibirán municipios como Cerdido. A través desta liña de subvencións, a institución provincial financia numerosas actividades deportivas nos concellos coruñeses, fundamentalmente programadas polas escolas deportivas municipais, pero tamén outros eventos como as carreiras C42, C21 e C10 da Coruña, a campaña de natación do concello de O Pino, os programas Actívate e Noia Saudable dos concellos de Vimianzo e Noia, o trofeo de fútbol “Memorial alcalde Candocia” de As Somozas, ou o Rallymix Terra de Xallas de Santa Comba. O deputado responsable da área de Deportes da institución provincial, José García Liñares, destacou a importancia desta programa para manter o calendario de actividades deportivas que anualmente programan os municipios coruñeses e apuntou que ven a completar a axuda recentemente aprobada polo goberno provincial para apoiar aos concellos na contratación de técnicos deportivos municipais. “En conxunto, ambas liñas supoñen case 1,5 millóns de euros de investimento para fomentar o deporte e a actividade física nos concellos”, afirmou García Liñares, que subliñou ademáis que o goberno provincial traballa tamén na elaboración das bases dun plan de mellora das infraestruturas deportivas ao que poderán optar os municipios da provincia. Asignación por concellos da Costa da Morte:
  • Cabana de Bergantiños: 4.985,96 € - Actividade deportiva anual
  • Camariñas: 18.000€ - Actividade deportiva anual
  • Carballo: 14.924,49 € - Programa Carballo Deporte 2016 de Cursos de Natación e Actividades Dirixidas
  • Carnota: 7.990,00 € - Actividades deportivas 2016
  • Cee: 5.997,42 € - Escolas e actividades físico deportivas 2016
  • Corcubión: 6.995,77  - Programa Deportivo Municipal
  • Coristanco: 6.000,00 € - Escolas deportivas
  • Dumbría: 9.986,80 € - Programación deportiva 2016 Dumbría é Deporte
  • Fisterra: 10.000,00 € - Realización de actividades deportivas
  • Laxe: 9.994,50 € - Proxecto de Animación deportiva 2016
  • Malpica: 4.736,70 € - Monitoraxe EMEF 2016
  • Mazaricos: 7.236,25 € - Actividade deportiva 2016
  • Muros: 6.990,68 € - Plan anual de actividades deportivas
  • Muxía: 9.980,28 € - Muxía, Actividade física, educación e saúde 2016
  • Ponteceso: 9.984,00 € - Actividade deportiva municipal
  • Santa Comba: 10.996,17 € - Rallymix Terra de Xallas 2016
  • Vimianzo: 7.980,48 € - Activate! Programación deportiva 2016
  • Zas: 9.985,20 € - XVIII campaña de natación
  Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación
 

Comentarios