Martes. 10.09.2024
El tiempo

A deputación adxudica as obras de mellora das estradas

A deputación adxudica as obras de mellora das estradas
Imaxe-da-estrada-Carballo-Santiago Varias estradas da Costa da Morte están incluidas dentro de plan de mellora da Deputación A vindeira semana, o departamento de Contratación da Deputación da Coruña adxudicará os máis de 11,3 millóns de euros en obras de mellora do firme, rebacheo e limpeza de cunetas que se levarán a cabo nos máis de 2.100 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria provincial, e que se distribúen nun total de 33 grupos de actuación. Para tal fin, o departamento de Contratación do ente provincial abriu en tres xornadas laborais as plicas das máis de 2.000 ofertas económicas que se presentaron ao procedemento aberto para optar á execución das obras incluidas na primeira fase do Plan de conservación de Vías Provinciais 2016. O deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, e o responsable da área de Contratación, Xesús Soto, destacaron que o feito de que o Plan de Conservación fose aprobado anticipadamente a finais de 2015 vai a permitir “axilizar a contratación e execución das obras” e realizalas antes de que remate a tempada estival. Asimesmo, destacaron o “inxente esforzo do persoal do servizo para levar a cabo a tramitación de tal dimensión de documentación nun prazo de tempo tan curto”, o que permitirá executar as obras con maior celeridade. Novas relacionadas Fonte

Comentarios