A Deputación auditará as contas da Neria


Parecía que a Deputación estaba disposta a acabar ca Neria, á que mesmo acusaba de arrastrar unhas débedas insalvabales. Pero a unha adxudicación in-extremis á empresa (non a asociación) dos Batáns do Mosquetín sen xustificar a solvencia económica, e esta última decisión de realizar unha auditoría das contas da entidade supramunicipal, que precisamente demostran que non poden asegurar a súa solvencia, colocan de novo á Neria no marco das administracións públicas.
Pedía ata o BNG comarcal unha auditoría para coñecer a situación económica-financeira real da entidade. E de feito sería tremendamente interesante saben cantos millóns de euros de fondos europeos se levan gastados dende os anos 90.
Así, o pasado venres, o presidente da Deputación remitiulle unha carta a Francisco Javier González González Trillo na que lle indica a necesidade de realizar unha auditoría externa cuxo custo asumiría a institución provincial. O obxectivo desta medida é “deducir todas aquelas medidas a adoptar para regularizar a situación da entidade e evitar posibles prexuízos derivados da súa actual situación económica”.
Novas relacionadas
- Contra o pasamento do Museo Seo de Corcubión.
- 16-02-15: Piden unha auditoría das contas da Neria.
- Ata a Deputación denuncia as débedas da Asociación Neria.
- 16-02-15: O CMAT podería estar en marcha en varias semanas.
- 04-12-14: Radiografía da Neria por unha ex traballadora.
- 30-11-14: A Neria, en quebra.
- 03-09-14: Denuncian adxudicacións ilegais á Neria.
- As frechas azuis van ao xulgado.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- O Museo sen luz.
- Unha viaxe política para vender o valor turístico do Camiño a Fisterra e Muxía.
- A Neria pon no tellado do Concello de Cee e da Deputación a apertura do C3M.
- 12-09-12: O C3M estará en marcha en marzo de 2013.
- Agardando polos códigos Qr.
Fonte
- Deputación.