Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Deputación da Coruña e a Confederación de Empresarios impulsan un programa de formación

A Deputación da Coruña e a Confederación de Empresarios impulsan un programa de formación
Unhas 150 persoas de toda a provincia serán as beneficiarias do programa de formación que poñerán en marcha a Deputación da Coruña e a Confederación de Empresarios da Coruña  e que suporá un investimento de 30.600 €, dos que o 80% (24.480€) serán achegados pola institución provincial. O programa, articulado a través dun convenio que vén de ser aprobado na comisión de Promoción Económica e Emprego e que se someterá á ratificación do pleno do vindeiro 27 de abril, inclúe a realización de 8 cursos que se realizarán nas sedes das delegacións coruñesa e compostelana da CEC e en diversos concellos da provincia, que se determinarán en función das solicitudes persoas interesadas en participar neste programa. Os cursos, destinados tanto a desempregados como a persoal en activo da provincia da Coruña, desenvolveranse ata o mes de outubro de 2018, inclúen un total de 215 horas de formación en cuestións como ferramentas de comunicación (40 horas), habilidades para a xestión e resolución de problemas (50 horas), introdución á contabilidade (15 horas), Web 2.0 e redes sociais no entorno de traballo (20 horas), Excel avanzado (15 horas), novo regulamento de protección de datos (5 horas), técnicas de venda (35 horas) e habilidades para o traballo en equipo (35 horas). Segundo explicou o deputado responsable da área de Promoción Económica e Emprego, José Luís García, a iniciativa pretende fomentar a formación continua dos traballadores en activo e, ao mesmo tempo, favorecer a inserción laboral dos desempregados, mellorando a súa cualificación profesional. Fonte

Comentarios