Sábado. 07.12.2019
El tiempo

A Deputación da Coruña implantará a Xestión Directa dos Parques de Bombeiros

A Deputación da Coruña implantará a Xestión Directa dos Parques de Bombeiros
Incendio en Amewixenda dende dentro-Foto-MA Imaxe duns Bombeiros en plena faena-Foto-MA

É unha das demandas que están pedindo grupos de traballadores do lume. Por exemplo, ATRIFOGA leva denunciando que a Xunta está poñendo en perigo o sistema antiincendos externalizando o servizo e permitindo que as emrpesas recurten e recurten os dereitos dos traballadores. Por iso, moitos colectivos piden xestión directa á Xunta nos parques de Bombeiros, para evitar que ano tras ano haia os mesmos problemas.

Unha demanda que parecen ter claro na Deputación, pois onte anunciaba o seu presidente que será a primeira de Galicia en iniciar o procedemento para que os parques de bombeiros sexan xestionados directamente, e non a través de empresas privadas. González Formoso anuncia que se convocará “no menor prazo posible” un pleno extraordinario do Consorcio para comezar os procedementos administrativos

Así o anunciou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, tras a reunión que mantivo a pasada mañá de xoves na sede da Xunta de Galicia co presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, o deputado de Economía e Facenda da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Neste encontro, os representantes das tres provincias ratificaron a súa vontade de recuperar para o ámbito público os consorcios contra incendios, como xa manifestaron na primeira reunión mantida coa Xunta de Galicia en xaneiro do 2016, e fixeron unha reflexión sobre as conclusións dos informes técnicos que encargaron para avaliar a viabilidade do cambio do modelo.

González Formoso explicou que as deputacións de Lugo, Pontevedra e A Coruña promoven este cambio co obxectivo de “suprimir a xestión por parte de empresas privadas dun ámbito como son as emerxencias públicas, que cremos que debería ser administrado desde o ámbito público”. Así mesmo, afirmou que o cambio “mellorará as condicións laborais dos traballadores e traballadoras do sector de emerxencias da provincia” e que todo o proceso “se fará con todas as garantías para os profesionais do salvamento que se vexan afectados”.
Formoso explicou que “este cambio conleva un procedemento administrativo e burocrático complexo, pero intentaremos lograr os prazos máis curtos posibles”, e engadiu que para iso “pedimos a colaboración da Xunta de Galicia, xa que a súa participación no consorcio é do 50%”.

Incendios forestais 2017

Fonte

Comentarios