sábado. 03.05.2025
El tiempo

A Deputación inviste 664.000 euros nas estradas provinciais de Malpica e Ponteceso

A Deputación inviste 664.000 euros nas estradas provinciais de Malpica e Ponteceso
dp-4307 O plan inclúen a mellora da estrada DP 4307 Dentro do Plan de Conservación de Vías Provinciais 2018, a Deputación da Coruña achega un total 664.080,11 euros para realizar melloras nas estradas DP 4307 e DP 2403 ao seu paso polos concellos de Malpica e Ponteceso. A institución provincial inviste 369.090,27 euros para financiar as actuacións que se levarán a cabo na DP 4307. En concreto, procederase á limpeza das beirarrúas e beiravías por ambas marxes nos tramos considerados. Ademais, fresaranse e reporanse as zona deterioradas, realizarase a pavimentación do tramo da estrada con mestura asfáltica en quente de 6 cm de espesor en todo o ancho da rúa, realizarase o recrecido de tapas e sumidoiros, a canalización da cuneta nunha lonxitude de 30 metros e pavimentación de sobreancho e renovarase a sinalización horizontal, mediante pintura vial branca,  e vertical.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña

Comentarios