Venres. 17.05.2024
El tiempo

A familia Xiria viaxa a Italia para aprender novas formas de traballar co deporte e a inclusión social

A familia Xiria viaxa a Italia para aprender novas formas de traballar co deporte e a inclusión social

A verdade é que non lle sacamos demasiado rendemento ás visitas europeas que traen de achegar o primeiro mundo á nosa alonxada Costa. Pero hai experiencias moi positivas, como as que están protagonizando os membros da das Escolas Balonmán Xiria, que estes días viaxan a Italia, para celebrar a última estancia do Proxecto europeo Grundtvig: “Práctica deportiva e inclusión social”. Un proxecto que leva 2 anos en marcha e que remata o próximo martes.

Este proxecto trata de por en común boas prácticas deportivas que funcionan de xeito individual en cada país. Estas boas prácticas están relacionadas coa procura do xogo limpo, a igualdade de oportunidades e de xénero e a interacción entre diferentes xeracións, insistindo sempre na importancia da participación e en evitar o risco para a saúde.

Os carballeses xa teñen estado nos outros países participantes: en Kosice (Eslovaquia), en Corinto (Grecia), e mais en París. Tamén estivo toda a expedición en Carballo e desta volta, e para pehcar o proxecto, toca Turín.

Alí tomarán nota do deporte tradicional e popular coas Olimpiadas da Cidade, realizando workshops sobre a xestión das asociación privadas das infraestructuras públicas. Tamén aprenderán a facer uso do espazo público para actividades deportivas a través dun "diálogo estruturado": cooperación entre as autoridades locais, sociedade civil, e entidades educativo-deportivas unidas para ofrecer deporte para todos.

Tomarán nota de todo isto e traerán esa experiencia os seguintes membros das Escolas Balonmán Xiria: Patricia García Licenciada en Filoloxía Inglesa, Cristina Muñiz Educadora Social, Olalla García e Catalina Gili Licenciados en Ciencias da Actividade Física e do deporte. Entre elas, dúas xogadoras do Equipo Feminino de Balonmán Xiria.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información das Escolas de Balonmán Xiria da man de Cristina Muñiz.

Comentarios