Luns. 14.10.2024
El tiempo

A lotería de Nadal pasa pola Costa da Morte

A lotería de Nadal pasa pola Costa da Morte
administracion-loteria-carballo Un décimo do 2º premio vendeuse na administración da rúa Gran Vía de Carballo A sorte (ou as estadísticas) da lotería de Nadal detivose esta mañá na Costa da Morte. Pouco despois das 11:20 horas, comezaban a soar os teléfonos no bar Castelo de Pino do Val (Mazaricos), na casa Lino de A Canosa-Rus (Carballo), na tasca A Pataca de Coristanco e na administración do número 77 da rúa Gran Vía de Carballo. En todos estes establecementos vendéronse décimos do número 04.536 que se corresponde co segundo premio do sorteo extraordinario da Lotería de Nadal 2016. O premio é de 1.250.000€ á serie, o que se traduce nuns 100.000 euros por décimo xogado logo de descontarlle os impostos. premio-loteria-nadal Este segundo premio foi un dos máis repartidos xa que recaeu en 84 administracións diferentes, sendo Andalucía, Cataluña, Castela e León e Valencia as comunidades máis agraciadas. En Galicia, este segundo premio foi vendido entre trece localidades: Neda, Boqueixón, Ordes, Santiago de Compostela, Ponteareas, Moaña, Moraña, Escairón, A Pontenova, Ourense ademais de Mazaricos, Coristanco e Carballo. As administracións que máis repartiron foron a de Neda e a de Mazaricos, con dous décimos cada unha. Mentras que en Rus, na administración de Carballo e na tasca A Pataca de Coristanco se despacharon cadanseu décimo. Todos eles se venderon por máquina. En total, repartíronse 625.000€. Quinto premio en Cee A sorte volveu a deterse no hotel La Marina de Cee onde se quitou por máquina un décimo do número 19.152 que se corresponde cun dos quintos premios e que está agraciado con 6.000€. Precisamente aquí, vendérase un 2ª premio do sorteo de Nadal do ano 2014. Desta volta non tocou en Santa Comba, onde nos últimos 16 anos tocaron máis de 54 millóns de euros.     Novas relacionadas Fonte

Comentarios