Domingo. 05.02.2023
El tiempo

A media de ocupación hostaleira na Costa da Morte ronda o 40%

A media de ocupación hostaleira na Costa da Morte ronda o 40%

Segundo informa a Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), no ano 2011 os establecementos da Costa da Morte tiveron unha ocupación media lixeiramente superior ao 40%. Segundo todos os estudios do sector esta é a porcentaxe mínima de rendibilidade dun establecemento turístico, o que dá marxe de mellora, sobre todo baseándose na desestacionalización.

Mellor os hoteis que as casas de turismo rural

Os hoteis rexistraron unhas cifras superiores ás de turismo rural arrastrados en parte polos establecementos máis grandes que traballan con grupos e poden facer mais promocións.

Mentres os aloxamentos de turismo rural se manteñen con respecto ao ano 2010, xa que pasan dun 36 a un 37%, os hoteis chegaron ao 49% no 2011, con respecto ao 39% do 2010.

Redución de prezos

Así e todo, destaca que o sector acadou estas cifras a base dunha redución de prezos moi importante o cal leva a que as ganancias do sector non van de acordo ao aumento da ocupación.

Pola desestacionalización

Os meses con maior ocupación, ao igual que o ano anterior, foron os de xullo, agosto e setembro. Aínda así, tan só no mes de agosto se superou o 75% de ocupación. Por tanto, e fácil deducir que o obxectivo de calquera actuación en materia turística no noso territorio debe ir encamiñada a desestacionalización, a acadar que todas as fins de semana sexan “tempada alta”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Npota de prensa da APTCM.

comentarios