Mércores. 21.08.2019
El tiempo

A necesidade dunha radiografía do ensino público no rural galego

A necesidade dunha radiografía do ensino público no rural galego

Folga no CEIP Ponteceso do 16F Imaxe dunha folga no CEIP Ponteceso contra a Lomce en 2017 Despois de anos de mobilizacións e folgas de toda a comunidade educativa, o 2018 veu sendo algo máis tranquilo. Pero seguramente será máis por cansanzo que por convicción, unha vez que os recortes do goberno galego continúan asolagando o sistema de ensino público no rural galego. E precisamente, e a raíz de sufrir en primeira persoa os continuos recortes no sistema sanitario, nomeadamente o de pediatría, a docente Ester Vázquez quere facer unha radiografía á situación do sistema educativo da Costa da Morte. Ela, como QPC, ten como “compromiso vital a defensa do rural e a loita pola revitalización deste medio, que pasa non polos recortes senón polas políticas sociais compensatorias e de posta en valor para a recuperación e asentamento da poboación”. De aí o seu interese en debullar a situación real dos nosos centros de ensino dende dentro, pois leva 15 anos exercendo en todas as etapas do sistema de ensino público sendo agora profe de Pedagoxía Terapéutica no CEIP de Louro. Danos un avance Vázquez, mentres preparamos unha serie de informes máis completos. “As carencias na Costa da Morte son alucinantes e os recortes nos últimos anos espectaculares”, explica. "Son frecuentes os peches de unidades e os niveis unidos en aulas de infantil e primaria; horas insuficientes de docentes de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe; dificultades para cubrir co personal existente a apertura das bibliotecas ou os desdobres e apopios necesarios; tamén se sufre en algúns centros unha deficiente dotación de medios tecnolóxicos ou problemas crónicos estruturais como o estado das caldeiras ou as deficiencias de aquecemento", explica. Iremos así recollendo esta radiografía dos medios educativos na zona.

Novas relacionadas

Comentarios