Domingo. 19.05.2024
El tiempo

A nova Unidade de Dixestivo do Hospital xa atendeu 400 pacientes dende febreiro

A nova Unidade de Dixestivo do Hospital xa atendeu 400 pacientes dende febreiro

Visita especial a que recibiu o Hospital Virxe da Xunqueira durante a mañá de onte martes 10 de maio de 2011. A Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, visitou as instalacións para coñecer de preto a nova unidade de dixestivo do centro hospitalario. Unha especialidade que funciona dende febreiro para toda a área da Costa da Morte e da que xa se beneficiaron uns 400 pacientes neste comezo de ano.

Realizáronse un total de 204 consultas, 118 colonoscopias, 101 gastroscopias, e sete colonoscopias da vía rápida do cancro de colon. Probas que ata este ano non se podía realizar aquí.

Para a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, a incorporación da especialidade de Dixestivo á carteira de servizos do Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira é un exemplo máis da firme aposta do seu departamento pola ampliación de servizos dos centros sanitarios comarcais, ofrecendo unha atención ao paciente do punto máis próximo, evitando desprazamentos e mellorando así a calidade asistencial.

Máis persoal

A Unidade de Dixestivo conta con tres espazos, unha destinada a consulta e outras dúas áreas con salas destinadas á preparación, realización de probas e recuperación dos pacientes. Conta ademais con tres novos profesionais, unha médico especialista de dixestivo, unha enfermeira e unha auxiliar de enfermería.

Primeiro hospital en contar cunha unidade fixa de cancro de mama

Como xa destacara na súa última visita ao centro, o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee foi o primeiro centro hospitalario comarcal da rede do Servizo Galego de Saúde en poñer en marcha unha unidade de exploración fixa do Programa galego de detección precoz do cancro de mama. Durante o pasado ano puido atender 3.242 mulleres -dun total de 3.729 mulleres invitadas -dos concellos de Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Zas participaron no Programa.

Máis de 6.000 mulleres de entre 50 e 69 anos dos concellos de Carnota, Dumbría, Cee, Fisterra, Corcubión, Zas, Camariñas, Vimianzo e Muxía serán exploradas nas diferentes campañas desenvolvidas dende esta unidade fixa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Consellería de Sanidade.

Comentarios