Mércores. 11.09.2024
El tiempo

A Plataforma na Defensa da Terra de Coristanco lembra que a planta de lodos da Furoca non ten autorización ambiental da Xunta

A Plataforma na Defensa da Terra de Coristanco lembra que a planta de lodos da Furoca non ten autorización ambiental da Xunta
imaxe-da-planta-de-gesmaga-en-san-paio-de-coristanco Imaxe da planta de Gesmaga en Coristanco

A pesar de que a propia Xunta e a Valedora do Pobo corroboran a imposibilidade de levar a cabo adiante a planta de lodos da depuradora da Furoca (San Paio), os veciños de Coristanco contrarios á mesma non as teñen todos despois dos últimos cambios no goberno municipal. Lembran que foi o ex alcalde do PP (e agora alcalde en funcións) Antonio Pensado, o que permitiu a actividade de dita empresa na Furoca, a pesar de non contar cos permisos da Xunta. Por iso temen que “as maniobras políticas deste novo governo vaian encamiñadas a favorecer e mesmo ocultar calquer cousa que perxudique a Empresa”.

Así o sinala a Plataforma na Defensa da Terra de Coristanco, que vén de coñecer a resposta que a Valedora do Pobo lle deu a varios veciños que presentaron diversas queixas referidas aos problemas causados pola planta de valorización de residuos promovida por GESMAGA.

Nesta resposta a Valedora do Pobo dá conta das xestións e requirimentos realizados diante das Consellería de Economía e Medio Ambiente e co Concello de Coristanco. Citamos textualmente as súas palabras: “a planta de lodos da depuradora non conta con autorización ambiental e o proxecto de valorización de residuos de construcción está a tramitarse en canto ao seu impacto ambiental (previo á posible autorización)“.

Por iso, a Plataforma entende que, como ben fixo o goberno de TEGA en xullo, GESMAGA debe paralizar de inmediato as obras e a actividade da planta, consonte a Lei do Solo de 2016 de acordo co seu artigo 152.

Así memso, a Plataforma na Defensa da Terra de Coristanco demanda do Alcalde actual (Abraham Gerpe, o que foi expulsado do PSdG trala moción, que se atopa de baixa laboral a día de hoxe tras sufrir dous accidentes de tráfico en menos dun mes) “un posicionamento claro e rotundo sobre a paralización da planta ordenada polo anterior Goberno municipal e que remate coas especulacións de que a planta paralizada sigue a realizar de xeito totalmente ilegal actividades na mesma”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios