Venres. 19.04.2024
El tiempo

A política por diante do lume

A política por diante do lume

O pasado 2 de xullo comezaban a temporada de Alto risco de incendios. Ata a Xunta vén de prohibir os fogos de artificio nas festas do país tralo lume provocado a semana pasada en Cabana de Bergantiños. Pero estas medidas parecen algo incompletas unha vez que as brigadas antiincendios non empezaron todavía, o que implica que a prevención foi nula ao longo do inverno e da primavera.

A todo isto hai que sumarlles as disputas políticas entre goberno e oposición e sindicatos polas condicións laborais dos traballadores da SEAGA.

Prevención?

Así, a día de hoxe, podemos comprobar que os montes de toda a bisbarra, e de todo o país, están completamente tomados polos fietos, polas matogueiras e pola maleza. Forman estas unha masa de combustible tremendamente activa, que con calquera chispa creada por unha cobicha, unha chispa dunha churrascada ou mesmo un fogo de artificio, pode estoupar nun grave incendio.

E iso que os propietarios están obrigados, por lei, a menter limpos os seus montes. Pero nin a administración nin as forzas de seguridade controlan ou poñen multas.

Quen forma as brigadas antiincendios?

Ademais, cómpre lembrar que as condicións das brigadas non son as mellores. Precarios contratos de 3 meses ao ano fan que os que queiran formar parte das brigadas moitas veces non sexan os máis preparados. As probas non son moi extrictas e tense comprobado como auténticos alcólicos son responsables de cuadrillas ao volante do vehículo de turno.

Disputas políticas e o último é o lume

Outras das cousas que demostran que o último que interesa no mundo político é o coidado dos montes. Dando un repaso histórico, era a empresa semi pública Tragsa a que se encargaba de todos os traballos relacionados co medio natural. Evidentemente boa parte dos directivos e traballadores da Tragsa eran achegados ao goberno do PP.
Coa chegada do bipartito á Xunta, creouse da nada a empresa SEAGA, tamén con participación pública e coa clara intención de repartir o "pastel" entre os seus achegados.

Agora, de volta o PP ao poder, SEAGA case que está desfeita. A Xunta recuperou o Pladiga (Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), que mobliza este verán máis de 6.000 efectivos.

O caso é que os operarios que formaron parte da SEAGA están agora pendentes de que a Xunta os insira no Pladiga "con boas condicións". E as loitas, sempre con tinte político, son continuas entre uns e outros. De feito, a dirección da Seaga, ante as informacións da CIGA (ambas do lado da "esquerda" galega), resérvanse accións legais pertintentes para `resentar contra a Xunta.

Só incendios de 20 hectáreas

Alomenos curiosa nos parece a decisión da Consellería de Medio Rural de non informar aos medios dos incendios de menos de 20 hectáreas (unha hectárea corresponde aproximandamente a un campo de fútbol). Que pasa cos incendios menores? Non existen? Non interesa facelos públicos?

A Xunta sempre indica que o efecto chamada é unha das lacras do país, e pide pouca transparencia para que non os pirómanos non se vexan incitados por outros lumes. Cómpre lembrar que a Xunta valora nun 80% os incendios provocados en Galicia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios