domingo. 25.05.2025
El tiempo

A primeira promoción do IES Monte Neme xuntouse 33 anos despois

A primeira promoción do IES Monte Neme xuntouse 33 anos despois
Xuntanza da Promocion do IES Monte Neme

Esto das redes sociais moitas veces provoca situacións tan auténticas como as que viviron os ex alumnos da primeira promoción do Instituto Monte Neme de Carballo.
33 alumnos, dos 150 (aprox.) que había matriculados no primeiro curso das ramas de Administrativo e Metal no ano 1975 acaban os seus estudios no 1980 son os que forman parte da 1ª promoción do Instituto Monte Neme de Carballo.
Este sábado reuníronse en Carballo nun restaurante da localidade 28 dos 33 alumnos mencionados e 33 anos despois, casualidade, para celebrar a súa 1º xuntanza.

Os alumnos eran de diversas localidades da zona: Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Laracha, Coristanco, Carballo e unha de Ourense. Botaron de menos, iso si a tres compañeiros da rama de Metal que non puideron asistir por encontrarse fóra do pais e dous de Administrativo por motivos persoais.

Todos eles superan os cincuenta anos de idade pero esta reunión con un cúmulo de sensacións e recordos fixo que se volveran a sentir como si tiveran 18 anos. Nesta primeira xuntanza decidiron que no ano 2015, que é cando se cumpren os 40 anos do centro, faranse diversos actos xunto co propio centro e incluso co Concello.

A primeira promoción

Orlas de antigos alumnos do Monteneme A primeira promoción de FP Monteneme comezaba no ano 1975 no Colexio da Cristina, posteriormente pasarían aos baixos da Igrexa Municipal ata que se inauguraba o centro, hoxe denominado IES Monteneme, no ano 1978. Daqueles 150 alumnos matriculados no primeiro curso remataban a súa formación no ano 1980 apenas unha trintena (20 de Administrativo e 13 de Metal). E damos conta da Orla de Administrativo: Na 1ª fila os profesores: Manuel, Manuel (cura), Mercedes, Xusto, Visi, Leites, Josefa, Maria Luisa e Álvarez. Alumnos: Adolfo Carballido, Milagros Blanco, Esther Lorenzo, Pilar Martínez, Dolores Suárez, Dolores Cambón, Carlos Calvelo, Estrella Tasende, José Antonio Vázquez, Teresa Torrado, Luz Rey, Estrella Mariño, Jesús Souto, Manuel Pensado, Teresa Pérez, Maria Dolores Rodríguez, José Manuel Pena, Margarita Vázquez, Jaime Suárez, e Juan Carracedo Orla de Metal: No círculo do centro os profesores: Taracido, Trashorras, Antonio Otero, Abelardo, Gato, María Mariño, Álvarez. Alumnos: José Manuel Rodríguez, Aurelio Sanchez, José Mª Rodríguez, Enrique Díaz, Alfredo García, Juan Antonio R. Tedín, Francisco Graña, Justo Pose, J. Antonio Ramos, Ramón Pensado, Jesús Arijón, José Fidalgo. José Ramón Rey. Que o disfruten!

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios