Martes. 15.10.2024
El tiempo

A UDC Sénior volve á Costa con 3 xornadas formativas para maiores sobre o Camiño

Universidade Senior Costa da Morte 021
A UDC Sénior volve á Costa con 3 xornadas formativas para maiores sobre o Camiño

Tras un ano de parón pola situación sanitaria, a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores da comarca de Costa da Morte (tamén na de As Pontes de García Rodríguez).

As Torres do Allo acollerá durante os meses de abril e maio un novo curso baixo o título "Coñece o Camiño coa Universidade Sénior". O programa xira en torno ao Camiño de Santiago, e consta de tres palestras, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán as seguintes temáticas:

  • "Santiago Apóstolo : Historia, Mito e Lenda", a cargo do Prof. Alvaro J. Iglesias Maceiras. 26 de abril, de 17 a 19 h.
  • "A influencia provenzal na lingua e literatura a través do Camiño de Santiago” a cargo do Prof. Xoán López Viñas. 3 de maio, de 17 a 19 h.
  • ”O Camiño: Paisaxes, Pontes e Fontes", a cargo do Prof. José Manuel Álvarez-Campana Gallo. 10 de maio 17 a 19 h.

Inscrición

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse, dende o 12 ata o 22 de abril, de xeito on-line a través do espazo da UDC Sénior Costa da Morte ou a través dos ADL de cada Concello do GDR “Costa da Morte”.

Novas relacionadas

Comentarios