A veciñanza de Castriz tamén amosa o seu rexeitamento á chegada do megaproxecto eólico


Espallou o seu rexeitamento ao megaproxecto eólico a Plataforma NON Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural. Fíxoo este pasado sábado, nunha reunión informativa ca veciñanza na casa da escola de Castriz, á que tamén acodiron a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, O concelleiro de Servizos, José García e tamén o secretario local de Compromiso por Santa Comba, David Barbeira.
Unha sesión importante para os veciños pois a instalación dos aeroxeradores ficará a uns escasos 400 metros da fervenza de Castriz.
A voceira Carme Pardiño explicoulles os motivos polos que foi creada a plataforma e debullou o por que da oposición á instalación dos parques tal é como se prevé nos proxectos – deixando sempre ben claro que en ningún caso están en contra da enerxía eólica nin de ningunha das denominadas renovables – e que accións se están a levar a cabo para intentar reconducir a situación e que se manteña o xeito de vida saudable e sostible da veciñanza.

Ruídos
Na reunión manifestouse a preocupación polas consecuencias que podería ter unha instalación deste tipo para a zona tanto para a saúde das persoas como para o medio ambiente e para a dinamización económica da zona. Respecto da saúde, o máis comentado foi o ruído dos aeroxeradores. Algunha das veciñas asistentes asegurou que, dende a súa casa escoitaba ruído continuo doutros muíños xa instalados na contorna que están máis lonxe e que son máis pequenos que os que alí se pretenden instalar.
Compensacións ridículas
No aspecto económico, varias veciñas apuntaron que, a compensación que recibirían as persoas propietarias dos terreos directamente afectados, non é tan beneficiosa como lles presenta a empresa. Varias persoas, que ademais declararon traballar no ámbito da xestión administrativa, afirmaron que as/os propietarias/os, na maioría pensionistas, terían que facturar, facer declaracións de IVE, etc. E que, por suposto, estes ingresos poderían afectarlles ás respectivas pensións, especialmente no caso das non contributivas e aquelas con complementos de mínimos.Así mesmo, moitos dos veciños son beneficiarios de subvencións para a repoboación forestal e, despois da tala necesaria na contorna para a instalación dos eólicos, córrese o risco de ter que devolver as cantidades recibidas (superiores ás compensacións da promotora dos parques) por incumprir a condición de manter a plantación un mínimo de 20 anos.
Poutra banda, unha das veciñas apuntou que “se aceptamos esta instalación, tal e como pasa a cotío no mundo occidental, dámoslle prioridade aos cartos fronte a saúde e despois gastamos eses cartos, e seguramente máis, para intentar recuperar a saúde perdida”.
Artigos relacionados
- O impacto económico dos parques eólicos nos Concellos de Muxía, Laxe e Vimianzo.
- Como repercute a invasión dos eólicos nos Concellos da Costa da Morte?.
- A estafa eólica aos propietarios das fincas afectadas polas liñas de evacións eléctrica.
- A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.
- Eólicos vs Dragaxe de Laxe. Mariñeiros vs Unión Fenosa.
Máis novas de eólicos
- 07-08-18: Denuncian que o parque eólico de Laxe apenas terá repercusión económica na comarca xerando só 1,5 postos de traballo.
- 19-07-18: Sae a exposición pública o Parque Monte Toural, a terceira parte do megaproxecto eólico que afecta a Carballo, Coristanco e Santa Comba.
- 17-07-18: O BNG de Coristanco alega e informa sobre os novos proxectos eólicos.
- 10-07-18: ADEGA denuncia a tramitación fraudulenta e a ameaza á flora endémica dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural.
- 09-07-18: O BNG de Coristanco enfróntanse aos tres novos parques eólicos que invadirán a comarca.
- Xullo 18: Denuncian o comezo das obras do Parque Eólico de Laxe antes de obter a licenza.
- Xuño 18: O impacto económico dos parques eólicos nos Concellos de Muxía, Laxe e Vimianzo.
- Xuño 18: Os 22 elementos patrimoniais que afectan, pero non impiden, o Proxecto eólico Pena Forcada-Catasol.
- Abril 18: Tres novos parques eólicos da comarca declarados “interese especial”.
- Abril 18: Ventonoso intentou aportar información aos afectados pola repotenciación do parque eólico de Corme.
- 15-02-18: Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte
- 09-02-18: Os viraventos do parque eólico de Muxía atravesan as estreitas estradas da comarca.
- 05-02-18: Feijoo defende no Parque Eólico de Malpica a chamada Lei de Depravación de Galicia.
- Xaneiro 18: Denuncian a tramitación fragmentada do Estudo de Impacto Ambiental dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe.
- Decembro 17: A Xunta autoriza o Parque Eólico de Catasol II en contra do pobo de Laxe e pendente da UE.
- Outubro 17: A Costa da Morte tamén berro o #NuncaMáis contra a Lei de Depredación de Galicia.
- Setembro 17: En Marea oponse ao Parque de Mouriños e á Proposición de Lei que permite declarar de utilidade pública os proxectos eólicos.
- Agosto 17: A liña de evacuación do parque éolico de Mouriños tamén levanta polémica.
- Agosto 2017: Critican que Gas Natural non contemple dispositivos de protección de aves nos novos proxectos eólicos.
- Agosto 2017: O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Agosto 17: O proxecto eólico de Mouriños afectaría a dous elementos arqueolóxicos catalogados.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 17: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un castelo medieval contra a invasión dos viraventos en Laxe.
- Setembro 16: Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.
- 2011: 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
- 2011: Aprobado o parque eólico no Alto da Croa.