Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A voltas coa peaxe da AG-55

A voltas coa peaxe da AG-55
A plataforma de vecinos Arteixo Libre de Peaxe lanzou unha campana a traves de Change.org A plataforma de veciños "Arteixo Libre de Peaxe" lanzou unha campaña a traves de Change.org A gratuidade da AG-55 volviu a ser onte a "protagonista" das redes sociais e do pleno do Parlamento de Galicia. Por unha parte, a plataforma de veciños "Arteixo Libre de Peaxe" solicita a través de change.org a eliminación da peaxe do tramo entre A Coruña e Arteixo, quedando como vía de acceso o Porto Exterior e renunciando a construcción dun novo enlace entre Pocomaco e a autovía. A campaña contou co apoio de redes sociais como o Facebook, na que foron moitos os afectados e afectadas así como outros colectivos os que compartiron e firmaron a petición. Consciente do "clamor social", o BNG  - a través do seu portavoz parlamentario - Francisco Jorquera -  pediu no pleno do Parlmaneto celebrado onte a gratuidade da AG-55 que xunto coa AG-57 é a única autoestrada autonómica pola que hai que pagar peaxe. “É unha peaxe que penaliza a todos os veciños e veciñas das comarcas de Bergantiños e da Costa da Morte co agravante, ademais, de que teñen un nivel de renda inferior a outras partes do país que disfrutan de autovías gratuitas para conectar coas cidades máis próximas”, explicou un Jorquera, que ante os reproches de “falta de claridade” na súa proposta por parte da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, fixo un detallado relato da historia desta autoestrada autonómica. Precisamente hai uns días, era o pleno da Deputación Coruña o que facía esta demanda co único voto en contra do partido Popular. “Como ex ministro de Fomento que son, - ironizou o nacionalista -, permítame que lle dea unha serie de informacións que vostede parece descoñecer. A primeira, que a AG-55 naceu sen peaxe e foi un goberno do PP quen o implantou, igual que foi un goberno do PP quen decidiu prorrogar a concesión da AP-9 ata o 2048”, criticou. Peaxe de Pastoriza  O portavoz parlamentario demanda da Xunta unha solución "para acabar coa marxinación de Bergantiños e da Costa da Morte". A posición do Bloque neste tema pasa "por levantar a peaxe da Pastoriza primeiro e o resto das peaxes entre Carballo e A Coruña despois". O portavoz parlamentario chamou atención sobre outro factor que engade incertidume a AG-55, a posible operación de compra das principais vías galegas que un fondo voitre estuda lanzar sobre o actual propietario Itínere, o que podería derivar en novos incrementos das tarifas dunha vía que está ampliamente amortizada tras xerar máis de 2.500 millóns de euros en 22 anos. A implicación da Costa da Morte? Chama a atención a falta de implicación dos alcaldes da Costa da Morte (sobre todos os que non son do PP) nesta loita. Unha loita na que hai pouco que perder e moito que gañar, e que podería servir para demostrar que os nosos representantes están do lado da cidadanía. Trazado Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, destacou no pleno do Parlamento que a posta en servizo da vía de acceso ao Porto Exterior é unha boa nova para comarca da Coruña, para a provincia e toda Galicia. "Este acceso faise a través dunha vía de altas prestacións que reforza o potencial do porto exterior da Coruña ao dotalo dunha conexión acorde ás súas capacidades presentes e futuras quelle permite gañar en operatividade e en competitividade", asegurou a titular de Infraestructuras. Vázquez explicou que a Xunta non considera satisfactorio o seu trazado, pero estase a actuar con responsabilidade e en beneficio dos intereses xerais dos galegos. "Asumense os erros dos predecesores no goberno galego e búscase a mellor solución entendendo que este non era motivo para bloquear a posta en servizo dunha vía necesaria para a operatividade do Porto Exterior" indicou a conselleira. Tamén sinalou que tendo en conta que o acceso ao Porto Exterior conecta coa autoestrada de titularidade autonómica que une A Coruña e Carballo, a AG-55, "nos parece evidente que os vehículos que accedan a esta infraestrutura non deben pagar peaxe". Por iso, Xunta e Ministerio de Fomento asinaron - segundo explicou Ethel Vázquez - un convenio destinado a facilitar a posta en servizo desta nova estrada sen peaxe para os tráficos do porto e sen custo para a administración autonómica.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios