Domingo. 05.05.2024
El tiempo

"A xente dinos que lle cambiamos a vida”

"A xente dinos que lle cambiamos a vida”
  • Reportaxe patrocinado.
Lucas Fernández no Centro Auditivo Nordés

Lucas Fernández e responsable técnico e xerente do Centro Auditivo Nordés (Cee). Falamos con el co obxectivo de saber máis dun problema de saúde, o da perda de capacidade auditiva, impopular, ao que non se lle da a importancia que merece, do que non se escoita falar.

Como afectaría ás vosas vidas e á relación que tendes coa xente do voso entorno, comprender unha de cada tres palabras das que intercambiades? Que ten de especial “escoitar na Costa da Morte”? Paga a pena adicarlle ao tema dous minutos do voso tempo.


  • QPC: Por que se perde capacidade auditiva? Que solucións existen?

Hai máis dunha posibilidade. A primeira causa pode ser a idade. Tamén pode haber patoloxías como otites, tumores, traumas acústicos... Estes están vencellados, por exemplo, á ocupación laboral da persoa e á exposición a sons demasiado fortes.

En canto ás solucións, hai que comezar cunha revisión auditiva na que se determina cal é o problema e dáselle unha solución: un audífono, ciruxía...

Cando se determina que se necesita un audífono (no otorrino...) o paciente necesita acudir a un centro auditivo onde se fan probas que nos din se pode levalo e cal é o audífono que necesita. Aquí valoramos se a persoa lle vai sacar beneficio.


  • QPC: Dise que escoitar música ou ver a televisión a un volume elevado é malo. Ou expoñerse a certos ruídos nalgúns traballos...

Todos nos equivocamos algunha vez no control do volume e do son. Cando escoitamos música por exemplo, e hai ruído de fondo, subimos o volume; aí prodúcese un fenómeno de adaptación, pouco a pouco acostumámonos a escoitar a un volume que é excesivo. Escoitar música... a un certo volume durante un certo tempo pode producir o mesmo dano que a exposición a un ruído moi forte nun momento concreto.

As novas xeracións están máis expostas a unha perda auditiva por un mal uso das novas tecnoloxías.

 Lucas-Fernandez-no-Centro-Auditivo-Nordes
  • QPC: Son máis saudables os auriculares internos ou os grandes externos que están de moda ultimamente?

Neste caso a moda beneficia a saúde. Beneficia a saúde e á percepción do son, da música... Cun auricular interno provocamos un aumento da produción de cera e pode chegar a producirse unha inflamación ou unha otite. E canto máis adentro introduzamos o auricular, loxicamente estaremos máis preto ou rebasaremos o límite de decibelios “permitido”.


  • QPC: Porque nos negamos a aceptar un problema deste tipo?

O problema da perda de audición é que é, normalmente, paulatina. Moitas veces é a xente do entorno quen cho fai ver. Comézase a comprender de forma parcial, a malinterpretar..., e iso pode dar lugar a pequenos, ou non tan pequenos problemas. Ocorre que se evita a exposición a esas situacións nas que a persoa se sinte incómoda, xa non vas tomar o café cos amigos..., e acábase caendo no illamento.


  • QPC: Falamos de comprender de xeito parcial, de malinterpretar... Salvastes algún matrimonio?

Non somos unha axencia matrimonial (risas), e non temos constancia de ningún caso concreto dunha parexa que salavaramos pero si que melloramos moitas relacións familiares, máis de unha e máis de 20. Coméntannolo moitos familiares. E tamén se mellora a relación con amigos, compañeiros de traballo...

A xente dinos que lle cambiamos a vida. Pero quen cambiou a súa vida foi a propia persoa que tomou a decisión de enfrontarse a ese problema ou lle fixo caso a quen llo suxería dende o seu entorno.


  • QPC: Que é un audífono? Que tipo de audífonos existen?

É un instrumento electrónico que amplifica os sons que non nos chegan coa suficiente forza. En canto ao tipo de audífono podemos clasificalos, en primeiro lugar, por tecnoloxía: analóxicos ou dixitais, quere vostede “unha máquina de escribir ou un ordenador”, de máis ou menos potencia e máis ou menos grandes relacionado coa gravidade da perda auditiva. Por outra banda hainos de distintas gamas, de distintos prezos, que reproducen sons máis ou menos naturais. Canto máis alta e a gama, a tecnoloxía é máis moderna e adaptación máis sinxela.


  • QPC: Que ten de especial sufrir unha perda auditiva na Costa da Morte?

En canto aos audífonos, como a calquera aparello electrónico, aféctalle a humidade. Aquí, co grado de humidade que hai, hai que ter unha serie de coidados para que duren o maior tempo posible.

Por outra banda, a maioría de palabras que empregamos están nun rango de frecuencias de entre 500 e 2.000 herzios. Entre 2.000 e 6.000 herzios atopámonos con letras e fonemas moi parecidos que lle aportan fluidez á linguaxe pero que son os primeiros que deixamos de percibir, de comprender cando padecemos unha perda auditiva. Este é o caso do seseo tan típico da Costa da Morte.


  • QPC: O Centro Auditivo Nordés ofrece unha revisión audiométrica gratuíta, para que e para quen?

É un ofrecemento para que quen queira comprobe o estado do seu oído. Aínda que penses que estás ben, ves, comprobámolo e se non hai problema, como pouco, eses datos vannos axudar se se produce a pérdida de capacidade auditiva máis adiante. Nós intentaremos aclarar todas as dúbidas e buscaremos a mellor das solucións a un posible problema.

Máis información

Fonte

Comentarios