Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Xunta avalou a mina de Corcoesto sen ver o proxecto

A Xunta avalou a mina de Corcoesto sen ver o proxecto
O Milladoiro desaparecido en Corcoesto constaba de 300 pedras pintadas

Esa é a conclusión que se saca dunha conversación nunha cea entre membros da Xunta e da empresa Edgewater, destapada a raíz dun recurso da multinacional despois das denegación do proxecto: “Yo fui a una cena en la que avalé a estos señores [de Edgewater] ante sus inversores, ¿verdad que sí?, sin conocer el proyecto”, asegura a empresa que dixo o director do Igape, Javier Aguilera.

É de especial gravidade o contido dun apartado do documento [no arquivo anexo]”, denuncia o deputado de Alternativa Galega de Esquerda Antón Sánchez, “en que unhas declaracións do director do Igape, pronunciadas nunha esmorga, en concreto nunha cea, demostran que este alto cargo avalou o proxecto de Corcoesto diante da empresa multinacional mesmo sen coñecelo”, denunciou hoxe o deputado de Alternativa Galega de Esquerdas Antón Sánchez.

“De se confirmar a información recollida no recurso da mineira”, engade Sánchez, “o director do Igape, o señor Javier Aguilera, actuaría de xeito totalmente irregular dentro dun procedemento administrativo”. O texto de Mineira de Corcoesto vén recoñecer contactos e compromisos coa propia multinacional á marxe da legalidade e da máis mínima ética.

“O interese público, que en teoría debería defender Aguilera, queda relegado ao final das preocupacións do representante da Xunta”, denuncia o parlamentario de AGE, quen acrecenta: “Esta actitude mesmo podería ser ilícita penalmente”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios