Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Edgewater asegura seguir buscando financiamento para a mina de ouro de Corcoesto

Edgewater asegura seguir buscando financiamento para a mina de ouro de Corcoesto
Edgewater segue traballando para levar adiante a mina de ouro de Corcoesto

O presidente e CEO de Edgewater, George Salamis, aseguraba hoxe: "ficamos firmemente convencidos en avanzar co Proxecto da mina de ouro de Corcoesto".

Malia que o pasado 14 de marzo a Xunta denegase definitivamente o proxecto mineiro de Corcoesto, parece que a empresa promotora da mina de ouro non o ten tan claro. Así se deixa ver no Comunicado que a empresa canadiense Edgewater emitía este martes 19. Un comunicado, dirixido entre outros aos seus accionistas, no que afirma seguir buscando "un socio estratéxico", posiblemente unha empresa de construción civil, para o financiamento do proxecto.

Precisamente a falta de "solvencia financieira e técnica” foi a causa da primeira cancelación da mina, polo que a empresa deixa entrever que a Xunta estaría disposta a aprobar o proxecto de atoparen máis investimento. "A administración cre que a transacción potencial cun socio estratéxica tería beneficios positivos para Edgewater e os seus accionistas e satisfará o proxecto permitindo os criterios postos adiante polo Goberno de Galicia", sinala na nota a empresa canadiense.
E cómpre sinalar ademais que o PXOM de Cabana segue incluíndo o proxecto mineiro de Corcoesto, reservando o seu espazo natural para ser explotado. E por se fóra pouco, a controvertida Declaración de Avaliación Ambiental aprobada en decembro de 2012 ten validez de 5 anos.

Afirma a empresa que xa leva investidos 25 millóns de euros no proxecto

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios