Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Xunta denega definitivamente o proxecto mineiro de Corcoesto

A Xunta denega definitivamente o proxecto mineiro de Corcoesto
Carta da Xunta denegando o proxecto mineiro de Corcoesto

Chegou por fin a resolución de denegación definitiva do proxecto de mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto que afectaba aos Concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso. Así no lo fai saber a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, que tivo acceso á nota asinada polo director xeral de enerxía e minas con data 11 de marzo de 2014, e que tumba definitivamente o proxecto mineiro promovido por Edgewater.

Esta resolución dítase despois de que o Presidente da Xunta anunciase no mes do outubro do ano pasado en pleno debate do estado da autonomía, que se decidira non autorizar o proxecto da mina de Corcoesto ao entender que non acreditaba o cumprimento de todos os requisitos esixidos pola lexislación vixente.
O proxecto promovido pola mineira canadense Edgewater non cumpría -como tiña denunciado en reiteradas ocasións a Plataforma- cos requisitos técnicos, económicos e ambientais esixidos pola normativa española e europea a pesar de ter obtido unha declaración de impacto ambiental favorable por parte do goberno galego.

Unha denegación que chega por segunda vez, trala cancelación provisional do pasado outubro de 2013.

"Ducias de Corcoestos son aínda posibles"

É ADEGA, neste caso, a que fala con precaución sobre a nova, tendo en conta que "O PSAEG (Plano Sectorial de Actividades Extractivas) é a ferramenta da Xunta para permitir a apertura de minas practicamente en calquera lugar do país".

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios