A Xunta informa aos concellos que a alerta por seca se mantén activada


Analizabamos esta semana a influencia do paso da borrasca Ana polos encoros da bisbarra. Parece claro que malia ser un pequeno desacougo, a situación de seca pertinaz non remite.
Así o corrobou onte Augas de Galicia na Mesa de Coordinación de Augas de Galicia e Administración ante os alcaldes da zona hidrográfica Norte, entre os que estiveron Muxía, Vimianzo, Laxe, Zas, Camariñas, Malpica, Ponteceso, Cabana, Coristanco e Carballo.
O Director de Augas Roberto Rodríguez Martínez recalcou que se mantén a situación de alerta por seca ata que se comprobe a consolidación da suba dos caudais base dos ríos da Conca Hidrográfica Galicia-Costa, é dicir, ata que se acaden valores de normalidade propios desta época do ano.
A Xunta informou sobre a necesidade de manter as medidas e protocolos para fomentar o uso responsable da auga e aforrar recursos, ao tempo que recordou que os concellos teñen un papel na xestión dos recursos dispoñibles. Afirmou que sería “un grave erro” pensar que polo avance dunha borrasca, a situación da seca cesou. É necesario continuidade, insistíu.
En todo caso a oposición segue denunciando que a Xunta chega a tarde a tomar medidas, como fixo o PSOE pedindo un plan de acción.
Novas relacionadas
- 12-12-17: As chuvias do temporal Ana permiten mellorar o nivel do Encoro de Santa Uxía.
- 11-12-17: A borrasca Ana deixou refachos de 155 km/h e ducias de árbores caídas.
- 22-11-17: A comarca conta coas reservas hídricas suficientes que garanten o abastacemento.
- 01-11-17: Mabel Montes: “Despois de 12 meses de seca pertinaz, en novembro volve a auga a Galicia”
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)