A Xunta recoñece que o fraude forestal pode chegar a 1 millón de euros
Case un millón de euros de fraude. Aí é nada. Na xornada de onte, e en comparecencia perante a Comisión de Agricultura do Parlamento de Galiza, o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, admitiu por fin a existencia de irregularidades na tramitación e adxudicación de subvencións forestais na Costa da Morte, no que alguns medios deron en chamar “Caso maceiras”, en relación ao empresario imputado como presunto beneficiario da trama denunciada pola FRUGA hai case ano e medio, e que se está a investigar desde o Xulgado de Corcubión.
Dende a FRUGA agradecen o cambio de actitude da Administración, que pasou de “negar a maior” a finalmente admitir a existencia de “enganos e falsificacións”. Pero o consideran "algo insuficiente" se temos en conta que na tramitación e aprobación destas axudas estos “enganos e falsificacións” salpican non só ás entidades bancarias que abriron contas sen o consentimento das persoas que figuraban nelas, senón tamén á propia administración de correos, que autorizou o uso de distintos apartados postais para a ocultación da correspondecia emitida, e á propia Adminitración Autonómica, que avaliou actas e documentación falseada e manipulada polo que cómpre a depuración das responsabilidades ás que houbera lugar entre os funcionarios e funcionarias que poideran ou ben ser coñecedores/as desta trama fraudulenta".
Agardando pola reunión coa Fiscal Xefe da Coruña
Desde a FRUGA aseguran "estar tamén á espera de manter a prometida reunión coa Fiscal Xefe Provincial para abordar este tema e coñecer de primeira mao o alcance das investigacións e o estado da instrucción do caso no Xulgado, xuntanza que se celebraria en breve, segundo nos informan desde a propia Fiscalia".
Novas relacionadas
- 22-03-13: Os afectados polo fraude forestal e as Preferentes levan a loita ás portas da administración.
- 19-03-13: Un ano de fraude forestal en primeira persoa.
- 14-02-13: O fraude forestal do Caso Maceiras chega ao Parlamento.
- 20-09-12: Fraude Forestal: Afectados acusan á Xunta.
- 08-06-12: A FRUGA critica as excusas de bancos e da Xunta ante o fraude forestal.
- 06-06-12: A Costa da Morte maniféstase contra o fraude forestal.
- 03-03-12: 300 persoas de empresas, bancos e administracións envoltas nun fraude en Vimianzo.
Outras novas
- Por unha oficina de atención ao cliente de Fenosa-Gas Natural.
- Os alcaldes de Bergantiños tamén se comprometen cos Afectados polas Preferentes.
- Contra as fumigacións agresivas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa da FRUGA.