![]()
Xa hai data para dúas importantes citas organizadas polo Club Ciclista Montemente. Así, o vindeiro 1 de outubro terá lugar, por unha parte, a
XV Marcha Ciclista Costa da Morte e a
II Andaina Pontedona.
A XV Marcha Ciclista Costa da Morte - unha das máis antigas e tradicionais do calendario ciclista de BTT de toda a provincia - discorrerá principalmente polo concello de Carballo, ainda que se pasará máis brevemente polos de Coristanco, Ponteceso e Malpica. Un dos seus principais atractivos foi o tramo pola ribeira do río Anllóns ata Verdes, que este ano incluso se amplía, e a
tradicional subida a Monteneme, onde, unha vez arriba se poderá contemplar toda a praia de Razo e Baldaio.
Tamén o mesmo día, o 1 de outubro, se celebrará a II Andaina Pontedona cun percorrido de 16 quilómetros que levará aos participantes desde a paza do Concello de Carballo pola beira do río ata Pontedona, pasando por Sísamo e o Refuxio de
Verdes.
As inscricións xa están abertas e ata o día 28 de setembro en
www.prueba-t.es, sendo o prezo da inscrición á marcha BTT de
9 euros e para a Andaina de 5. O final haberá uns pinchos nas instalacións da fábrica de Calvo.
Máis información
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Club Ciclista Monteneme