Luns. 07.10.2024
El tiempo

Aberto o prazo para as axudas as Asociacións de Mulleres

<
Visita da Xunta a Asociacion de Redeiras O Fieital de Malpica
Visita da Xunta a Asociacion de Redeiras O Fieital de Malpica
Aberto o prazo para as axudas as Asociacións de Mulleres

Esta mañá de venres a Asociación de Redeiras “O Fieital” en Malpica recibía a visita do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro. Unha visita enmarcada na apertura do prazo para solicitar as axudas ao asociacionismo e a participación das mulleres, unha vez que a entidade costeira foi unha das beneficiarias da convocatoria do ano pasado.

O prazo abriuse o pasado 22 de marzo e pecharase o próximo 22 de abril para presentar as solicitudes. O orde consta de dúas liñas:

1 – Consolidación do movemento asociativo, para compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociación de mulleres e as súas federacións. 2 –Promoción de actuacións singularizadas en materia de igualdade, de prevención de violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Os requisitos para optar a estas axudas son ter domicilio social en Galicia, estar inscritas na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais en Galicia, ter presentada a memoria de actividades con anterioridade a que remate o prazo de solicitudes. Ademais, os fins obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuír a promover a igualdade entre hombres e mulleres e a potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social. Tamén deben cumprir que as mulleres socias representen, polo menos, o 90% da totalidade das persoas asociadas.

Novas relacionadas

Comentarios