Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aberto o prazo para presentar propostas para unha nova edición da Rede Cultural da Deputación

Evento da Rede Cultural da Deputacion
Un evento da Rede Cultural da Deputación
Aberto o prazo para presentar propostas para unha nova edición da Rede Cultural da Deputación

É o programa cultural máis completo da provincia. Un programa que estes pasados anos permitiu que 350 eventos e festas contasen tivesen cultura galega na súa programación, facilitando que tanto concellos, comisións de festas ou asociacións poidan levar eventos de calidade aos seus actos, e ao mesmo tempo permite que os grupos de música, teatro… sexan contratadas moitas máis veces.

Así o ratifican as cifras que resaltaba na presentación Xurxo Couto, destacando a solidez e estabilidade desta Rede Cultural da Provincia da Coruñla: No pasado ano, a Rede Cultural promoveu ao longo do territorio da Coruña un total de 1.829 espectáculos, dos que 1163 formaron parte dos programas dos concellos e 666 de entidades sen ánimo de lucro.

As bases da nova edición da Rede Cultural da Deputación xa están publicadas no BOP, e o prazo de presentación de propostas para compañías, produtoras, grupos ou artistas estará aberto ata o 31 de xaneiro, ás 14:09h.

Este ano (a edición conta con 2 millóns de euros) volven ser 4 os programas: "Escena ao vivo!", "Visións", Lingua a Escena!" e "Alicerce".

Os tres primeiros son para grupos profesionais: "Escena ao vivo!" para espectáculos ao vivo de teatro, música, monicreques, maxia, danza e circo.
"Visións" para proxeccións audiovisuais.
”Lingua a Escena!”, que ten como obxectivo a promoción do galego a través da cultura.
Ademais, o programa “Alicerces" está destinado á difusión de espectáculos de compañías e agrupacións non profesionais.

Comentarios