Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Abre o prazo de matrícula para a ensinanza secundaria de adultos

Abre o prazo de matrícula para a ensinanza secundaria de adultos
Dende hoxe e ata o día 19 xa está aberto o prazo para solicitar a admisión nas ensinanzas de Educación de Persoas Adultas - EPA - e formalizar a matrícula para o vindeiro cuadrimestre do curso 2016-2017, no módulo II correspondente ao curso 2º da ESO. Pódese matricular toda persoa que teña 1º da ESO superado mais algunha ou todas as materias de 2º pendentes. Tamén pode formalizar a matrícula aquelas persoas que no mes de setembro realizaron a inscrición para o módulo IV.  A matrícula para as novas inscricións será do 25 ao 27 de xaneiro. No caso das Ensinanzas Básicas Iniciais, o prazo de matrícula permanece aberto todo o curso. Esta convocatoria está dirixida a aquelas persoas que teñan 18 ou mais anos, e que poidan acudir en horario de tarde-noite ás clases que lles permitan retomar antigos estudos primarios para acadar o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Na Costa da Morte, son varios os centros educativos os que ofrecen esta ensinanza. Entre eles está o IES Fernando Blanco de Cee. Fonte

Comentarios