Sábado. 20.04.2024
El tiempo

AFIPRODEL propón un proxecto piloto na Costa da Morte de Territorio intelixente

AFIPRODEL propón un proxecto piloto na Costa da Morte de Territorio intelixente

Seguen a demostrar que son unha potencia na súa materia en todo o país. A Asociación de Axentes de Desenvolvemento Local da Costa da Morte (Afiprodel) seguen loitando polo seu traballo e polo desenvolvemento de todo o país. A última acción foi unha reunión que mantiveron Andrés Hermida Trastoy, Director Xeral de Promoción do Emprego, na que os temas principais eixos da produtiva entrevista foron a continuidade da rede de técnicos e o desenvolvemento local en Galicia.

A representación de AFIPRODEL estaba composta por Dolores Pena Pena, presidenta, María Jiménez Sánchez, secretaria, Osvaldo Santos Lobelos, vicepresidente e Rosa María Sánchez Martínez, directiva. Estes entregaron ao responsable de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar un documento que recolle unha breve análise da situación do colectivo de profesionais de desenvolvemento local e o seu ámbito de actividade, acompañada de propostas para a mellora da implementación das políticas de emprego e o desenvolvemento da comunidade galega.

Un traballo que xurdíu da última participación no I Foro Mundial de Desenvolvemento Local, e que consideran necesario "ante a difícil situación que se está atravesando na comunidade galega, que non é diferente á do resto do pais".

Propostas

Pero o documente vai completo cunha serie de suxestións ofrecendo unha colaboración leal aos que deben xestionar os fondos públicos e tomar decisións. Así, ademais de deixar patente a importancia dos concellos na contratación, apostan pola "posta en marcha de mecanismos de coordinación aproveitando o Decreto 192/2011 que crea o Consello Autonómico de Emprego, os consellos provinciais e os comités territoriais de emprego.
Apostan tamén pola "necesidade dun organismo de coordinación da rede como viña facendo a UPD Coordina Local e o recoñecemento do papel do colectivo de AEDL na implementación da gobernanza".

Territorios intelixentes

Vai máis aló e piden comezar a "traballar na creación de “territorios intelixentes”. Para iso, AFIPRODEL ofreceuse a elaborar un proxecto de divulgación e reflexión sobre os procesos para lograr territorios competitivos e intelixentes. Ademais puxeron enriba da mesa a posta en marcha dunha experiencia piloto na Costa da Morte, con AFIPRODEL e da man da Xunta de Galicia, para poñer en práctica todo o anterior. Veremos se efectivamente poderemos comezar a ser un Territorio Intelixente.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da AFIPRODEL.

Comentarios