Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As ADLs da Costa buscarán fomentar a innovación tras participar no I Foro Mundial de Desenvolvemento Local

As ADLs da Costa buscarán fomentar a innovación tras participar no I Foro Mundial de Desenvolvemento Local

Tres representantes de Asociación de Axentes de Desenvolvemento Local da Costa da Morte (Afiprodel) estiveron estes días participando no Primeiro Foro Mundial de Axencias de Desenvolvemento Local. María Jimenez (Camariñas), Rosa Sánchez (Vimianzo) e Pilar Lage (Aranga), uníronse a Angel Sucasas (director da UPD Coordina Local) e Carmen Vilariño (Universidade de Santiago) como delegación galega. Todos participaron en Sevilla deste novidoso foro e aproveitaron para estreitar os lazos de unión con outros colectivos de axentes de desenvolvemento do país e do mundo.

O lema do foro é "Novas miradas para tempos de cambio". A crise financiera actual estivo presente en todas as disertacións, aínda que quedou claro que existen moitas outras crises nos distintos continentes e países: guerras, dictaduras, falla de recursos...

Modelo obsoleto

Unha das reflexións apuntadas por Paco Alburquerque foi que o actual modelo é insostible financieira, económica, ambiental e socialmente. E que é unha responsabilidade do desenvolvemento local apuntalar un novo modelo. "Crear emprego non é solo crear empregadores. As empresas non se crean no vacio. O reto está en crear territorios favorables á innovación. Hai que falar dun modelo produtivo novo apoiado na cidadanía, nas persoas, no medio ambiente e na sostibilidade", conclúen.

Conceptos como gobernanza, participación, descentralización, democracia, aproveitamento da aprendizaxe nos procesos de desenvolvemento, igualdade, sostibilidade e definición de metodoloxías para o desenvolvemento local estiveron presentes na maioría dos paneis e talleres.

Reunións en persoa e pola rede

Foron 3 días de intenso traballo, intercambiando experiencias con compañeiros de APRODEL (Madrid) que celebrarán a finais de mes un encontro en Madrid no que participará Afiprodel. Tamén se reuniron co presidente de FEPRODEL (Federación Española de Profesionais de Desenvolvemento Local), profesionais de Morón (Arxentina), do País Vasco, da comunidade valencia, de Lanzarote, de Castilla-León, da Universidad Jaume I, con Oriol Estela Barnet un dos ponentes do Congreso Modelo e moitas outras persoas.

Máis de 1300 persoas de 47 países de todos os continentes estivemos en Sevilla falando de desenvolvemento local, desde a diversidade das problemáticas singulares de cada territorio.

Ademais, para seguilo pola rede, Afiprodel tivo unha postura activa nas redes sociais, compartindo os contidos do Foro. En Twitter #ForoADEL e en FB.

Máis información

Comentarios