Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os amos da humanidade: Doutrina neoliberal, hexemonía corporativa e o capitalismo do COVID-19

O exercito repartindo mascarillas a poboacion
Cando o circo mediático quere caza imaxes como estas
Os amos da humanidade: Doutrina neoliberal, hexemonía corporativa e o capitalismo do COVID-19

“Ata que os leóns teñan os seus propios historiadores,
as historias de cacería seguirán glorificando ó cazador”.

Proverbio africano

 

“Os funcionarios non funcionan.
Os políticos falan pero non din.
Os votantes votan pero non elixen.
Os medios de información desinforman.
Os centros de ensinanza ensinan a ignorar.
Os xuíces condenan ás vítimas.
Os militares están en guerra contra os seus compatriotas.
Os policías non combaten os crimes, porque están ocupados en cometelos.
As bancarrotas socialízanse, as ganancias privatízanse.
É máis libre o diñeiro que a xente.
A xente esá ó servizo das cousas”.

Eduardo Galeano,“O sistema/1”,
O libro dos abrazos

CONTEXTO E EPIDEMIOLOXÍA DO VIRUS

A humanidade está a confrontar na actualidade a enésima crise sistémica do capitalismo do desastre. Desde a máis recente crise financeira global, derivada da explosión da burbulla inmobiliaria e a crise das hipotecas subprime en EE.UU en 2008, a plutocracia, é dicir, a minoría social máis enriquecida, que engloba ás organizacións económicas e financeiras máis poderosas do planeta, estaba á espera dunha nova estrutura de oportunidades, para librar unha nova batalla na súa guerra de clases: a minoría do 1% contra a maioría do 99%. Nesta ocasión, recorrendo novamente a un virus como estratexia (1), como se fixo na primeira gran pandemia que non foi do século XXI, a da gripe A H1N1 de 2009, na que se puxo en cuestión por primeira vez na súa historia desde a súa fundación en 1948, o papel desempeñado pola OMS como principal mecanismo internacional para monitorear epidemias por unha banda, e por outro, coordinar e emitir recomendacións aos estados asociados sobre as medidas de prevención e intervención que deben adoptar en caso de emerxencia santiaria global ou pandemia como a que nos afecta hoxe.

Para contextualizar a actual crise do coronavirus, é convinte botar unha ollada a dúas pandemias históricas, das cales, pódense extraer leccións moi importantes en aras de protexer ás persoas e os pobos do Mundo, sobre todo ós países máis empobrecidos do planeta e por tanto, máis vulnerables en canto á afectación en contaxios e persoas falecidas por mor desta infección respiratoria, e sobre todo, para proxectar un pouco de luz no medio do actual bombardeo mediático nesta “guerra contra o inimigo invisible” do coronavirus, que só ten como obxectivo político, reforzar e consolidar sine die, o “clima social do medo”. “Todo para gañar tempo”. Agora, a ecuación pendente por despexar pola administración Sánchez é o para que. (Os últimos entrecomillados, son frases extraídas das comparecencias oficiais do Presidente do Goberno Pedro Sánchez desde que decretou o pasado 14 de marzo o estado de alarma).

A PANDEMIA DE GRIPE (NON) ESPAÑOLA DE 1918

A gran pandemia do século XX foi a mal chamada “Pandemia da gripe española” de 1918 (2). A cal, recibiu inxustamente ese adxectivo debido á posición de “neutralidade” de España durante a I Guerra Mundial, e por tanto, foi das poucas nacións que non censuraron as novas relacionadas con esta devastadora epidemia de gripe mundial.

Se nos remitimos aos feitos contrastados do brote de gripe A (subtipo H1N1) de 1918, deberiamos etiquetalo con xustiza histórica, de “norteamericana” ou “gringa”, tendo en conta, que foi en EE.UU. onde se produciu o mesmo. Traendo a colación o fantástico traballo de investigación documental de Santiago Mata, “Como o exército americano contaxiou ao mundo a gripe española”, pódese comprobar en primeiro lugar, que o brote xa xurdira en 1917, elevando significativamente o número de persoas falecidas por gripe nun 2% con repecto á campaña de 1916. Como relata Mata, o primeiro reporte oficial da enfermidade foi en Fort Riley, no estado de Kansas o 4 de marzo de 1918. Foi o médico rural Loring Miner de Santa Fe, no Condado de Haskell do estado de Kansas, o que constatou un brote virulento de gripe. Ante tal circunstancia e o número de casos rexistrados, o doutor Miner púxose en contacto co servizo de saúde pública do estado, o Public Health Service, para pedir axuda, pero foille denegada. En decembro de 1917, 14 dos 16 campamentos militares estaban gravemente infectados polo brote da gripe, causando bastantes baixas entre os soldados. En Camp Pick constatáronse 12 mortos en outubro, en Camp Beauregart 50 mortos en novembro e en Camp Bowie 172 mortos en novembro de 1917. Foi a denominada “onda heraldo”.

O Congreso dos EE.UU., a solicitude do presidente Woodrow Wilson, declara a guerra a Alemaña o 2 de abril de 1918. Para entón, os xovencísimos soldados norteamericanos caían como moscas por mor da “tormenta de citosinas” (reacción inmunolóxica defensiva potencialmente mortal, debido á retroalimentación positiva entre as citosinas e as células inmunitarias) desatada pola gripe. Pero pouco importaba. Prevalecían outro tipo de intereses. O presidente Wilson tiña unha clara misión: “Debemos ir á guerra para acabar con todas as guerras” e “para convertir o Mundo nun lugar seguro para a democracia” (3).

No mes de maio, o presidente da EE.UU. consultou ao Xefe do Estado Maior, Peyton C. March, se deberían suspender o envío de tropas a Europa co fin de frear a propagación da enfermidade, ao que o Xefe do Estado Maior respondeu que suporía unha grave ameaza na marcha da fronte, se a Tripla Alianza tivese coñecemento da gran debilidade do seu inimigo. Deste xeito, a remisión de tropas norteamericanas infectadas continuou, a pesar dos informes desfavorables dos buques que transportaban aos soldados a Europa, nos que se recollía o feito de que os soldados morrían a bordo por mor da virulenta gripe. A metade das tropas norteamericanas entraban en Europa polo porto de Brest, departamento de Finistère, a un ritmo de 10.000 soldados diarios durante a primavera. No verán de 1918, xa había máis de 1 millón e medio de soldados norteamericanos en Europa, unha gran maioría enfermos de gripe.

Foi unha decisión xeopolítica: a vitoria aliada na I Guerra Mundial e os intereses imperialistas de EE.UU. antes que as vidas de millóns de inocentes, incluídos cidadáns estadounidenses. Nese contexto histórico, a campaña de propaganda política desenvolvida polo recentemente creado Comité de Información Pública ou Comisión Creel (o xornalista George Creel era o seu director) desempeñou un papel estratéxico. De feito, cabe destacar o magnífico rol exercido pola sinistra figura de Edward Bernays, como asesor de relacións públicas e propaganda do presidente Wilson. É digno de rescatar dos anais da historia contemporánea, o seu formidable traballo entre 1917 e principios de 1918 para conseguir o apoio popular necesario para entrar na “Gran Guerra”. A súa técnica de manipulación de masas para conseguilo, foi o tratamento

propagandístico do afundimento do Lusitania, un transatlántico británico no que viaxaban case 2000 pasaxeiros e torpedeado por un submarino alemán o 7 de maio de 1915. 1198 persoas perderon a vida naquel tráxico suceso, das cales, 124 eran cidadáns norteamericanos. O que non nos conta a historia oficial, é que o barco non só levaba pasaxe, senón que ademais, ía cargado de armamento e maquinaria bélica, quebrantando a “Neutrality Act” de EE.UU. na I Guerra Mundial. Estados Unidos abrira un gran mercado de exportación de armas e material de guerra, e converteuse no gran prestamista de Inglaterra cuns altos tipos de interese. Este feito histórico recólleo o prestixioso historiador social norteamericano Howard Zinn, na súa obra A outra historia de EE.UU. As grandes fortunas estadounidenses de J.P. Morgan, Rockefeller, Astor, Vandervilt e Carnegie, seguían crecendo en tempos de guerra e durante as cíclicas e periódicas recesións económicas do sistema.

Ao comezo da súa presidencia, Woodrow Wilson describiu o seu obxectivo como “unha porta aberta ao Mundo”, e en 1914 recoñecía “a xusta conquista dos mercados estranxeiros”. Toda unha declaración de intencións xeopolíticas do Novo Imperialismo. Un testemuño que acredita e apoia as palabras do presidente, foron as do primeiro negro que recibiu un doutoramento da Universidade de Harvard en 1885, W.E.B Du Bois e que era profesor en Atlanta. Recoñecía no seu libro The African roots of War (As raíces africanas da guerra) que a IGM era un conflito armado internacional entre imperios:

Alemaña e os seus aliados están a loitar polo ouro e os diamantes de Sudáfrica, o coco de Angola e Nixeria, o caucho e o marfil do Congo e o aceite de palmeira da costa oeste. Efectivamente, o cidadán medio de Inglaterra, Francia, Alemaña ou Estados Unidos goza dun nivel de vida máis alto que o de antes pero, de onde vén esta nova riqueza? Vén sobre todo das nacións máis escuras do Mundo: as de Asia e África, Centro e Sudamérica, as Indias Occidentais e as illas dos mares do Sur” (4).

Deste xeito, a gripe pasou de Francia a Reino Unido. De Reino Unido a Italia. E de Italia a Alemaña, para acabar recalando en España. O número estimado de vidas que se cobrou a “gripe norteamericana” foi superior a 50 millóns en todo o planeta.

As máscaras modernas, usadas en Xapón como medio hixiénico de protección e prevención de contaxio polas persoas infectadas, esténdese a escala global por primeira vez na historia contemporánea durante a “pandemia de gripe de 1918”.
Ademais, crese que a orixe do brote era de orixe animal. Cans e gatos tamén se contaxiaban e transmitían o virus, polo que estes animais eran sacrificados nas rúas das cidades. Con todo, na actual crise do coronavirus, preferiuse obviar este feito, en aras de respectar os dereitos animalistas, e vulnerar os dereitos de persoas sas, sobre todo os dereitos dos 7 millóns de nenos e nenas censados en España. Como acredita a Dra. Isabel Sola (5), a outra viróloga do equipo de investigación do Dr. Luís Enjuanes do CNB (Centro Nacional de Biotecnoloxía do Centro Superior de Investigacións Científicas):

Os coronavirus son virus que infectan aos animais, domésticos ou silvestres, e que poden infectar ao ser humano”.

Resulta tamén curioso consultar a prensa da época e as recomendacións de hixiene e prevención de sentido común: lavarse as mans con auga e xabón, evitar os espazos pechados alta e densamente concorridos como bares e tabernas, e ventilar debidamene os fogares durante o día para evitar un posible contaxio. Así como, saír ao campo ou a espazos abertos como mellor método de prevención. Nada de prohibicións oficiais e moito menos, campañas de alarmismo e pánico inncesarias e contraproducentes. Medidas moi diferentes ás prescritas polo goberno de Sánchez no marco da actual “pandemia do Covid-19”. Ironías da historia.

 

“A PANDEMIA QUE NON FOI”: A GRIPE A H1N1 DE 2009, A INDUSTRIA FARMACÉUTICA E A CORRUPCIÓN DA OMS

Recordo coma se fose hoxe, cando unha comitiva de persoal sanitario subiu ao autobús no que viaxaba na fronteira de México con Guatemala o 4 de xaneiro de 2009. Viaxaba desde San Cristóbal das Casas, capital do estado de Chiapas, ao sudeste do país, tras participar no Festival Mundial da Digna Rabia, organizado polo Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN). Eu estaba a traballar como cooperante internacional para o “desenvolvemento”, nun proxecto de xustiza da AECID no Pulgarciño de América, El Salvador. A persoa responsable do grupo de inspección, preguntounos se alguén presentaba algún síntoma de gripe, debido a un brote de gripe A que se orixinara nunha granxa de porcos. Era a primeira información que tiña en relación ao que advén nos meses seguintes.

Máis tarde, o xornalismo de investigación, corroborou que o brote da “pandemia” non se producira en territorio mexicano, senón en solo estadounidense. E do mesmo xeito que a mortífera pandemia de gripe de 1918, tamén era un brote gripal do virus A subtipo H1N1. Pero o máis interesante daquel brote de gripe de 2009, foi o trascendental e estratéxico papel que desempeñou a OMS como organización produtora de doutrina, na subministración mundial das recomendacións “sanitarias”, e en particular ao México do presidente Felipe Calderón, como zona cero da “pandemia”, e que nos anos subseguintes, sufriría unha das súas peores recesións económicas e financeiras da súa historia. México sería o laboratorio do novo modelo de terapia do shock económico do capitalismo do desastre dos Wall Street Boys.

En Europa, aínda que poucas, non faltaron voces críticas ante a situación de emerxencia sanitaria rexional e o rol xogado pola Organización Mundial da Saúde como mecanismo de amplificación e magnificación da gravidade do novo brote, e por tanto, do pánico social creado. Unha desas voces disidentes, expertas e independentes da corrente de opinión dominante difundida pola OMS e os países aliñados coa súa doutrina, foi o prestixioso doutor alemán Wolfgang Wodarg, presidente en 2010 da Comisión de Saúde do Consello de Europa. Denunciou en máis dunha ocasión o dubidoso papel da OMS, e dispuña de evidencias que apoiaban a súa tese. Por exemplo, de que o organismo distorsionara de forma intencionada os feitos e xerado un pánico co obxectivo de favorecer a participación na mesa de decisións do organismo, das empresas farmacéuticas. De feito, afirmaba e acusaba á organización dun manifesto conflito de intereses, na cal a maior parte dos expertos do organismo autónomo da ONU, eran ao mesmo tempo empregados, asesores ou accionistas desas corporacións privadas.

Para comprobar a influencia na organización deste comité de “expertos”, pode terse en conta a decisión organizacional de redefinir o concepto de pandemia. O concepto anterior á súa redefinición facía fincapé nas variables de número de contagios e número de persoas falecidas por mor da epidemia, para finalmente perder a variable do número e contemplar a estensión do brote máis aló das fronteiras dun país. É dicir, a amplitude e distribución xeográfica. Deste xeito, con 15 contagios en dous países, sería un escenario epidemiolóxico suficiente para decretar a OMS unha “pandemia”. Así de grotesco.

A finais de 2009 e principios de 2010, durante a campaña de vacinación da epidemia de gripe invernal (abarca da semana 40 do ano que empeza á semana 20 do ano seguinte) tanto o tratamento antiviral, o “oseltamivir” (medicamento selectivo para a gripe en xeral),

presentado baixo a marca Tamiflu (cápsulas de 75mg, 45mg e 30mg) do laboratorio farmacolóxico suízo Hoffmann-A Roche, e o antiviral Relenza (dose e 5mg da farmacéutica británica GSK (GlaxoSmithKline), así como a vacina* , xa estaban dispoñibles no mercado, e os gobernos occidentais fixeron provisión da vacina para a seguinte onda do novo brote de gripe.

Miles de millóns de euros (4.900 millóns para ser exactos) foron investidos dos erarios públicos en toda Europa para a compra masiva de vacinas e medicamentos antivirais. En España sen ir máis lonxe, a administración de José Luís Rodríguez Zapatero comprou nun principio 37 millóns de vacinas, para finalmente recuar, renegociar a compra, e adquirir 13 millóns de inxectables, tendo en conta a baixa incidencia e descenso da vacinación que estaba a ter no outono de 2009. 333 millóns gastou o goberno “socialista” para a loita da gripe A H1N1 en tratamento antiviral e máis de 100 millóns en vacinas (6).

Resulta interesante unha vez máis, recuperar a ammésica e anestesiada memoria histórica máis recente, para enfocar a mira sobre a actual campaña de alarmismo institucional e mediático sobre a “crise sanitaria” actual. De igual modo, considero que sería apropiado aclarar, que o estado dos sistemas de saúde autonómicos (en particular, o caso máis sanguento o da Comunidade de Madrid) era dunha grave e manifesta erosión, derivada de décadas de terribles e draconianas políticas de austeridade neoliberal e de recortes sistematizados no devandito ámbito. Por tanto, como diría o profesor e intelectual norteamericano Noam Chomsky, o que puxo en evidencia a crise do coronavirus é “o colosal fracaso do modelo neoliberal” (7).

Estas son as palabras, durante a “pandemia” e a “pospandemia” como se chamou á “desescalada” (por certo, concepto tan rebuscado como inventado), da pandemia da gripe A H1N1, dalgúns dos responsables políticos do goberno de Zapatero e do seu partido, o PSOE, que dirixiron a xestión da crise:

Trinidad Jiménez, Ministra de Sanidade:

Hai que destacar o valor da comunicación, a transparencia e o rigor informativo”. No seu eloxio recoñece que “sempre souben que España tiña un dos mellores sistemas do mundo, pero teño que recoñecer que tivo un comportamento exemplar, máis aló do que era exixible; funcionou como un reloxo perfectamente engrasado e evitáronse moitas mortes pola súa fácil accesibilidade, pero tamén pola capacidade e preparación do seu persoal para detectar posibles casos de risco”.

José Martínez Olmos, Secretario Xeral de Sanidade:

Dedica moitas respostas ás compras das vacinas e di, “cando se espuxo durante a crise da gripe a compra de vacinas preventivas, non era unha decisión autónoma dos gobernos porque, se non o fas ben, e hai consecuencias por non protexer a saúde e a vida das persoas, tes a responsabilidade ante os tribunais de non seguir as recomendacións da OMS. De forma que se contratou con GSK e con Novartis a compra de vacinas para 37 millóns de doses” cun custo total de 270 millóns [de euros]. Con este número de dose podíase vacinar, como pouco, a 18,5 millóns de persoas”. Ademais, asinouse contrato con Sanofi para 400.000 doses de vacinas sen adyuvantes para mulleres embarazadas, cuxo custo supuxo, se non recordo mal, uns 20 millóns [de euros]”. E conclúe:

Tamén fala do “principio de prevención” [prevención]. E alude a que “volvería actuar o mesmo” e “isto pasa con todos os fenómenos novos: unha vez terminado o proceso é moi fácil explicarllo todo”.

Ao profesor da Escola Andaluza de Saúde Pública, exdiputado e exsenador do PSOE, desde o principio da “pandemia do coronavirus”, prodigouse con moita dilixencia e experiencia, por moitos programas de faladoiros en televisión, reforzando a tese da necesidade do estado de alarma e as medidas de confinamento poboacional, así como a parálise da economía do país.

María Jesús Montero, actual voceira do goberno socialista, no 2009, Conselleira de Saúde da Xunta de Anadalucía:

Falaba da sobreactuación que incrementou a tensión e as demandas que “afortunadamente reconduciron a credibilidade de médicos e de enfermeiras”. Tamén “houbo falta de transparencia no propio papel da industria e os posibles intereses económicos que había detrás da pandemia”. E mesmo inclúe unha crítica dura contra os antivirais e coa falta de transparencia nos ensaios clínicos que os avalaron.
Como se pode comprobar, a avaliación
á española da crise conclúe cunha palabra: éxito (8). Aínda que tendo en conta que a maior parte das vacinas e o tratamento antiviral caducou (o último lote de tratamento caducou no Centro Militar de Farmacia de Defensa de Burgos o pasado setembro de 2019) ou se queimou, penso, con xustiza rawlsiana, que foi calquera cousa menos iso. Déixoo ao seu sensato e ponderado xuízo.

Con todo, creo que sería bastante inxusto senón rescatase as palabras do entón presidente do goberno, José Luís Rodríguez Zapatero:

A resposta foi un bo exemplo de concertación internacional, nacional, coas Comunidades Autónomas, cos investigadores e cos profesionais do sistema de saúde. Ademais, tería que engadir que o Goberno non escatimou recursos económicos para afrontar a situación e adquirir un elevadísimo número de vacinas e antivirais”.

E é verdade, non se escatimou. Gastáronse case 400 millóns de euros nunha “pandemia” que non existiu e da que se enriqueceu o conglomerado farmacéutico global conformado por GSK, Sanofi-Pasteur e Novartis. O capitalismo do desastre fixo o seu gran agosto a expensas dunha gran mentira do malgasto público e coa colaboración cómplice, dun mal goberno que non dubidou en aliñarse cos intereses da tiranía do mercado farmacolóxico, antepondo os beneficios económicos da industria farmacéutica á saúde e a vida das persoas.

O discurso do poder mercantil sobrepúxose ao relato do sentido común e a verdade.

Mascarillas articulo cotian
As mascarillas convírtense nun artigo cotián

O MESMO GUIÓN EPIDEMIÓLOXICO: MEDIDAS ABSURDAS, COMITÉ CIENTÍFICO DE “SABIOS E EXPERTOS” E PROPAGANDA

Julian Assange, o activista social e fundador de Wikileaks, publicou unhas revelacións en 2010 sobre os crimes de guerra e de lesa humanidade perpetrados por EE.UU. na guerra de Iraq. Estes días están a cumprirse 10 anos daquelas publicacións.
Recordo cando o hacker australiano revelou as filtracións que puña en serio compromiso a moitos países do Mundo, sobre tráfico de armas, narcotráfico, guerras, terrorismo de estado, revolucións de cores, golpes de estado suaves, etc, co único obxectivo de facer accesible toda a verdade oculta pola propaganda do poder, á opinión pública internacional.

A gran frase da presentación é tan ilustrativa como icónica do que representa hoxe o capitalismo neoliberal, que non é máis que unha permanente guerra económica entre clases: a plutocracia, a minoría do 1%, contra os pobos do Mundo, o 99% restante da humanidade.

“A primeira vítima da guerra é a verdade”.

España estaba en “guerra contra un inimigo difícil de combater” no 2009, e a primeira vítima en caer no “campo de batalla” foi a verdade, a mans dun goberno que usaba a mentira como única forma de relacionarse coa cidadanía. A seguinte vítima foi o “sentido común”, a mans da torturadora e sistemática campaña de terrorismo e alarmismo mediático, co único obxecto de maximizar o medo, a desinformación e a confusión, ó mesmo tempo, que minimizaban a seguridade e a protección da poboación.

Uso de máscaras, aparición dos xeles farmacolóxicos de mans, os primeiros hidroalcoholes, promoción do “distanciamento social”, erosión dos nosos rituais de salutación, non bicarse, non dar a man, non abrazarse, non comer do prato do outro, non facer viaxes, prohibidas as aglomeracións, ... foi un primeiro gran ensaio do que estaba por vir.

No período entre pandemias (2009-2020), a Fundación Bill e Melinda Gates advertía que xunto ao cambio climático, as pandemias eran as grandes ameazas futuras da humanidade. E como “autoprofecía”, fíxose realidade. Tamén o viña facendo a OMS, obviamente, como se comentará máis adiante, a través das declaracións do Dr. Germán Velásquez, e con coñecemento de causa.
Foi a “
primeira gran pandemia que non foi do S.XXI”, en canto ao número de países supostamente afectados pola gripe A H1N1. Foi tal a presión e influencia da industria farmacéutica exercida sobre a OMS, que pouco antes de declarar a mediados do 2009 o brote de gripe porcina procedente de México (despois comprobouse que se estendera, unha vez máis, desde EE.UU., do mesmo xeito que a pandemia de gripe A H1N1 de 1917) a organización con sede en Xenebra, modificara a definición de “pandemia”.
Activáronse entón, en toda Europa, todos os mecanismos de pánico social, para manipular á opinón pública e controlar á poboación. O virus era a táctica política do capitalismo do desastre para ocultar a axenda secreta dos poderes económicos e financeiros globais.
Porei uns exemplos moi clarificadores que ilustran a “mimese” do guión usado naquela “
guerra contra un inimigo invisible e letal moi difícil de combater”, coa actual “crise do coronavirus”:

A Inglaterra do primeiro ministro Gordon Brown, ordenou preparar varias fosas comúns en diferentes lugares do país, en particular nas cidades máis populosas como Londres e Manchester, xa que o seu “comité científico de sabios e expertos” vaticinaban a cifra de 150.000 persoas falecidas polo terrible e mortífero virus descoñecido. Unha vez decretada a pandemia, a cifra subiu exponencialmente ao apocalíptico valor de 700.000 vidas humanas. O nivel de pánico e histeria social incrementábase de forma gradual ao ritmo crecente dos valores epidemiolóxicos. Manipuláronse as cifras para xerar máis medo entre a poboación e sometela a un estado de shock colectivo. Moitos comercios e grandes empresas puxeron o cartaz de peche. A tolemia estaba desatada.

Con todo, as cifras reais, non as oficiais, presentaban uns valores máis acordes a un brote epidémico de menor entidade que a epidemia da gripe invernal. A finais de agosto de 2009, contabilizábanse tan só 44 persoas falecidas por gripe A H1N1. Case con toda seguridade, ducias de persoas con patoloxías previas, persoas maiores enfermas ou con doenzas crónicas, faleceron por medo a contraer a enfermidade quedándose nos seus domicilios ou non acudindo a un hospital por temor a colapsar os servizos de saúde, derivado inextricablemente do clima de pánico social tan bestial inducido desde os medios de propaganda controlados desde o mando único do goberno.

Nova Zelandia, nas antípodas do planeta, viviu unha situación similar. Esperábanse máis de 18.000 falecidos. Unha vez dada por finalizada a pandemia o 10 de agosto de 2010, este país

rexistraba a cifra final de 17 persoas falecidas atribuíbles á gripe A H1N1.
España presentaba unhas cifras comparadas e proporcionadas ao resto dos países do Mundo afectados pola “pandemia”: 440 contaxios confirmados e 262 persoas falecidas. É dicir, en termos porcentuais, o número de falecidos pola nova cepa vírica, representou menos do 4% das persoas que falecen anualmente pola gripe estacional, entre 6000 e 7000 mortes atribuíbles, segundo o Sistema de Vixilancia da Epidemia de Gripe Estacional dirixido polo Centro Nacional de Epidemioloxía do Instituto de Saúde da Universidade Carlos III (9).

PRIORIDADES DO CONGLOMERADO FARMACOLÓXICO: A BOLSA OU A VIDA? E O ABANDONO DO PRINCIPIO HIPOCRÁTICO “PRIMUM NON NOCERE

Algunhas das voces máis expertas, independentes e críticas da “sobreactuación teatral” e o “gran engano” dos gobernos dos países membros da UE, foi o médico internista español Pedro Caba Martín, ex vicepresidente da OMS e Germán Velásquez, exdirector do Programa Mundial de Medicamentos da organización durante 20 anos. Este último escribiu un libro, O libro vermello da OMS, sobre o escándalo de corrupción polo cal recibiu varias ameazas de morte e sufriu varias tentativas de asasinato. Deixemos que falen as voces competentes que foron silenciadas polos medios de desinformación tradicionais e dominantes:

Dr. Pedro Caba Martín:

Esta é unha crise de saúde pública planificada ao detalle. A OMS atreveuse a modificar incluso a definición de pandemia para poder lanzar unha alerta máxima mundial cando só había 1.000 infectados en México. É algo inaudito, desproporcionado e irresponsable. Un obsceno exercicio de ruído ao que contribuíron ministros de sanidade, presidentes de gobernos, farmacéuticas, medios de comunicación e, como buque insignia de todo a andrómena, a propia OMS”, denunciaba Pedro Caba en 2010. “Antes a OMS financiábana os países membros, de acordo ao seu PIB. Cando moitos deles deixaron de pagar porque non tiñan diñeiro suficiente nin para saír eles adiante, o organismo entrou en crise. Entón chegaron os laboratorios cargados de dólares, en plan salvador, e aos poucos fóronse facendo con máis e máis poder. Que pasou agora? Non hai que ser unha lumbrera para deducilo”, (10) sentencia o doutor Caba.

Dr. Germán Velásquez:

"Foi a Axencia de referencia durante case 70 anos, a OMS xogou un papel moi importante na definición de políticas mundiais, até moi recentemente. Pero a OMS, desafortunadamente, está nun proceso acelerado de privatización. Está a entrar nunha situación de conflitos, está a deixar de ter o rol que xogou sempre, e para o cal foi fundada, o árbitro mundial da saúde pública"."É unha teoría que é totalmente certa, sucedeu, e está a suceder. Cando un doante dá diñeiro, por exemplo, a industria farmacéutica, estes representantes solicitan estar presentes nos comités de expertos dos diferentes programas (da OMS). Hai un conflito de intereses grave. Sucedeu coa epidemia H1N1, os posibles fabricantes de vacinas e de medicamentos, como o Tamiflú, estaban sentados no comité que estaba a decidir se se lanzaba unha epidemia ou non, evidentemente, (as farmacéuticas) empuxaron a que se lanzase a epidemia e se decretara unha alarma global porque ían ter un mercado impresionante”.

"Un exemplo, o 90% do Programa de Medicamentos do que fun responsable, agora está financiado pola Fundación Bill & Melinda Gates, están a dar o diñeiro só para os asuntos que lle interesa a Bill Gates, de tal maneira, que o programa só se centra nos proxectos para os que ten diñeiro, o resto queda sobre o papel. Por exemplo, xa non se traballa nada sobre o programa de uso racional dos medicamentos” (11).

 

A GUERRA CONTRA UN INIMIGO INVISIBLE: RETÓRICA 11S, O DESCRÉDITO DA OMS E A SILICONIZACIÓN DA ESTUPIDEZ

Mentres escribo, o goberno de Pedro Sánchez acaba de aprobar o tan esperado “Plan de Desescalada do Confinamento”. Un plan, na súa totalidade, tan absurdo e grotesco, como o modelo de xestión política adoptado desde o minuto cero da aplicación do “estado de alarma”. Non vou aquí a facer unha análise pormenorizada do mesmo, porque non é o meu labor. Para iso xa están os “xornalistas” dos programas da televisión, que lonxe de informar, alimentan a confusión, a frustración e o medo social. Á fin e ao cabo, esta é a súa disfunción: desinformar á xente.

Como puido comprobar o/a lector/a, as medidas “excepcionais” decididas polo goberno non foron tan orixinais, máis ben, foron a “norma” desde o punto de vista histórico de anteriores “epidemias e pandemias”, a modo de “ensaios clínico-sociais”.
No que vai de século, desde o ano 2000, a humanidade xa padeceu polo menos 5 pandemias, á luz do cambio de definición do concepto “pandemia”, e acompañadas sempre de intensas e humillantes campañas de alarmismo social, co único obxecto de crear un “clima de pánico e histeria colectiva” Con todo, sen a debida cobertura mediática, varios países de África Central (Serra Leona, Liberia e na actualidade a República Democrática do Congo), sofren as consecuencias humanas devastadoras de sucesivos brotes de cólera, cun índice de letalidade dun 2%. Máis de 30.000 persoas faleceron por este letal virus en toda a franxa subsahariana (12).

Ou por pór outro exemplo, non digno da cobertura dos medios de comunicación occidentais, é o brote que se produciu en Iemen, un país arrasado por un conflito armado enquistado desde hai 6 anos e que se cobrou a vida de máis de 200.000 persoas. De momento, hai máis de 550.000 contaxios rexistrados e máis de 2000 persoas faleceron, na súa gran maioría nenos e nenas. A causa?: a guerra. Esnaquizou o sistema de auga e saneamento, as rúas convertéronse en vertedoiros auténticos de cascallos e lixo, e os hospitais e os centros de saúde foron destruídos polos bombardeos que non fan discriminación entre obxectivos miliares e civís, como en todas as guerras reais, onde se usan balas e bombas, e os mortos ponos sempre o mesmo bando: o pobo. (13).

A tenor deste exemplo de “guerra real”, é absolutamente abxecto e inmoral que o goberno dun estado social e democrático de dereito, adopte esa linguaxe belicista dos atentados do WTC do 11 de setembro de 2001, na loita contra un virus. Un virus, por certo, menos contaxioso e letal, que o virus da gripe estacional, como afirmou o Dr. Luís Enjuanes, o virólogo máis prestixioso do país, e que leva máis de 30 anos estudando o coronavirus no Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC (14).

En realidade, non é un inimigo invisible nin incerto, ao que debamos temer, nin declararlle a guerra. Os virus, como se fixo sempre en calquera momento da historia e en calquera latitude do Mundo, combátense con investigación, medicina e persoal médico e sanitario. Tres campos de batalla en España, nos que levamos anos perdendo a causa do progresivo desmantelamento do estado de benestar e a desinversión en I+D+I. Polo tanto, é necesario reverter esa tendencia neoliberal e promover, en lugar dunha economía de guerra, unha economía moderna e sustentable para a paz e a mellora social.

O que parece ser unha evidencia, é que o “desastre” é esta crise sanitaria que xa se transformou en económica, e a cal, ten un marcado comportamento clasista, pondo en potencial risco a vida, sobre todo, das maiorías sociais que teñen unha maior dificultade ou

desigualdade de acceso á sanidade pública nos países industrializados e enriquecidos, e de forma máis sanguenta, as persoas máis vulnerables da Terra: os seres humanos dos países máis empobrecidos a causa do espolio das corporacións multinacionais das potencias estranxeiras.

Este feito sociolóxico constátase de forma dramática e tráxica na Comunidade de Madrid, evidenciando o terrorífico fracaso do neoliberalismo e as políticas de desregulación, privatización e externalización dunha gran maioría dos hospitais e servizos públicos, así como a privatización e a inhibición da administración da comunidade, en materia de inspección de servizos sociais na rede de residencias e centros xerontolóxicos, tanto públicos como privados. O paradigma do “laissez faire, laissez passer”, demostrou ser un terrible engano social, e os servizos e as empresas privatizadas baixo esta doutrina, nin son máis eficaces, nin máis eficientes e moito menos de mellor calidade, e por unha sinxela razón: o público non ten ánimo lucrativo, senón de prestación dun servizo á cidadanía en aras do interese xeral.

O privado ten ese animus lucrandi, procurando prestar un servizo en base ao principio da obtención do máximo beneficio económico co mínimo custo.
Outro dos feitos que se puxeron de manifesto con esta nova crise, é a supeditación do servizo público de saúde mundial que debería prestar a OMS, á atención prioritaria dos intereses privados representados na organización. E esta aliñación coa tiranía do conglomerado farmacéutico, o Foro Económico Mundial e a Fundación Bill e Melinda Gates, quedou reflectida nas “supostas recomendacións” emitidas e acatadas coma se fosen “obrigas”, pola maior parte dos países da
zona euro, e as cales, distan enormemente de atender a criterios de medicina ou epidemioloxía, e si, sen embargo, a unha doutrina tecnócrata e empresarial.

Desde o escándalo de corrupción da “pandemia de gripe A H1N1” de 2009, a organización segue envolta nunha “crise de credibilidade”. Despois desta, considero que será necesaria a súa refundación e volver ao modelo de financiamento orixinal: o de achegue económico dos países membros da organización. É dicir, un modelo de financiamento público.

Outro feito que se verificou con esta “pandemia do coronavirus”, é a siliconización (termo proveniente de Silicon Valley, o centro de produción das novas tecnoloxías dixitais e berce de empresas tecnolóxicas como Apple, Google ou Facebook) da vida e a ciencia (15). Na vida diaria pódese comprobar o vertixinoso proceso de ordenación tecnolóxica da nosa sociedade, baseada no uso compulsivo e abusivo das novas tecnoloxías da comunicación e a información, e que destruíron a cultura da razón e a reflexión, é dicir, a nosa capacidade de pensar e tomar decisións, e por tanto, de formar a nosa opinión por exemplo, en base a informacións procedentes de moitas fontes, pero as cales, analizamos e contrastamos, antes de sacar unha conclusión propia. Desgraciadamente, esa facultade quedou anulada, podendo comprobarse durante esta “pandemia” nas redes sociais, onde non se atisba nin un mínimo signo de pensamento ilustrado, crítico e autónomo. 0 cuestionamento da esperpéntica e incompetente xestión da crise. Toda unha vitoria para os medios de propaganda e de control social, que só buscan a distracción, o entretemento, a desinformación e o hiperconsumismo d@s usuari@s.

En relación á ciencia, foi unha tráxica derrota. O goberno manipulouna mediante o uso dun “comité científico de expertos e sabios” para asesorar ao executivo na adopción das medidas económicas e políticas para unha “crise sanitaria”! En realidade, a xente, presa do pánico e a confusión entre tantas medidas moitas veces incoherentes e sen criterio ou xustificación médica, decidiu abnegarse ao discurso da “xente preparada e intelixente” do goberno, que lonxe de atender a metodoloxía da ciencia, apostou pola charlatanería e a andrómena do cientificismo, que nada ten que ver coa ciencia. É dicir, déuselle o protagonismo e un excesivo valor a un asesoramento supostamente científico e acorde a outro tipo de intereses que nada teñen que ver coas ciencias positivas como a medicina.

O exemplo máis doloso e tráxico que acredita a tese do cientificismo, foron todas esas persoas maiores que perderon a vida nas residencias, vivendas comunitarias e centros xerontolóxicos? na comunidade de Madrid. Se realmente o goberno de Pedro Sánchez apostase por un “asesoramento científico”, poríase en contacto con investigadores en viroloxía e epidemioloxía independentes, os cales, sabendo que é un virus “tan letal e contaxioso”, e que afecta, maioritariamente a persoas que son grupos de risco e persoas maiores con patoloxías previas, a primeira recomendación deste outro tipo de “comité científico” sería pór baixo a protección do estado a estes colectivos de poboación máis vulnerables. Con todo, non se actuou desta maneira, aínda tendo unha marxe de case dous meses desde que se coñeceu o primeiro caso de contaxio oficial en Wuhan, China.

A explicación a esta decisión é sinxela, atendendo ao criterio do capitalismo do desastre: a prevención non da beneficios. O que si é moi rendible, é o tratamento antiviral e a vacina.

En relación a tan elevado número de contaxios e persoas falecidas, sería convinte saber con precisión e rigor se as cifras son reais ou hai una inflación estatística, que viría en gran medida explicada, por unha circular transmitida polo Ministerio de Sanidade de Salvador Illa, a segunda semana do estado de alarma, a todos os centros de saúde de atención primaria e hospitais públicos, na que se ordenaba a instrucción de que calquera persoa que presentase síntomas de coronavirus, se lle diagnosticase covid-19 (múltiples infecciones respiratorias comparten os signos do coronavirus). E de igual modo, como “mortis causa” a personas falecidas sen diagnóstico previo. Así o denunciou a Federación de Asociacións para a defensa da Sanidade Pública nun dos seus comunicados (16).

Chama poderosamente a atención, que o Centro Nacional de Epidemioloxía da Universidade Carlos III, que dirixe o Sistema Nacional de Vixilancia da Epidemia de gripe estacional, que conta cunha rede formidable de contabilización de persoas contaxiadas e falecidas por gripe, con todo, fixese augas con este “novo virus”, e ao que se debe sumar, que conta cun potente simulador de predición epidemiolóxica chamado Epigraph (17) que xa alertou dunha nova onda epidémica que contaxiará a máis de 14 millóns de persoas o próximo inverno. Canto menos, con esta información, é máis que cuestionable o papel do estado, o goberno e todas as institucións públicas implicadas na xestión desta “crise pandémica”, ao concederlle máis capacidade á “intelixencia artificial” que á intelixencia humana e ó coñecemento acumulado de médic@s, virólog@s, epidemiólogos independentes e de gran prestixio.

O importante, é conservar o sistema doutrinal neoliberal imperante, que vela polo complexo de intereses do capitalismo do desastre. Os dividendos das cotizacións bolsistas por riba da saúde das persoas, aínda que dita máxima carrexe un dano desgarrador a miles de familias (“primun non nocere”, é o principio ético do oficio médico, de facer sempre o menor dano posible á persoa enferma).

En relación á medicina, é o abandono de toda ética profesional e a traizón ao seu xuramento hipocrático, cuxo principio moral, vertebra toda a formación desta honorable profesión e o seu código deontolóxico.

A UME desinfectando un Centro de SAude
O Exército desinfectando lugares públicos como mecanismo de alarma

A MODO DE CONCLUSIÓN

REGRESO AO FUTURO: DEMOCRACIA DE MERCADO, CORONABONOS E EPIDEMIOLOXÍA DO MEDO

Gustaríame rescatar, antes de expor a miña conclusión, algunhas das reflexións do que fora presidente da Comisión de Saúde do Consello de Europa en 2009, o Dr. Wofgang Wodarg, quen volve a denunciar o modelo de xestión política da Pandemia de Covid-19, adoptado pola gran maioría dos países afectados (25 dos 27 países membros) da UE, con excepción de Suecia, cuxo goberno do socialdemócrata Stefan Löfven, decidiu desoír as “recomendacións” da OMS, para seguir as do epidemiólogo xefe da Axencia de Saúde Pública, Anders Tegnell e a súa política sanitaria da “difusión tranquila e coidadosa para non sobrecargar o sistema de atención médica”.

O prestixioso médico internista e neumólogo, volveu a cuestionar o uso inconvinte e perxudicial da estratexia do pánico e as medidas económicas e políticas aprobadas con respecto á poboación en xeral, á que lle atribúe máis prexuízo e dano social que beneficio, que supostamente se persegue coas medidas gobernamentais.
En relación á “crise sanitaria do coronavirus” afirma: “
a solución ao problema do coronavirus é pór en corentena aos alarmistas” (18).
E no mesmo artigo, “regresando” á anterior “pandemia de gripe A H1N1”, comenta cunha clara perspectiva de futuro:

Houbo escenarios de horror similares unha e outra vez nas últimas dúas décadas. Sen embargo, a pandemia de gripe porcina anunciada pola Organización Mundial da Saúde foi, de feito, unha das ondas de gripe máis leves da historia e as aves migratorias seguen esperando a gripe aviaria. Todas as institucións que agora nos alertan de novo sobre a necesidade de ser precavidos decepcionáronnos en varias ocasións. Con demasiada frecuencia, vemos que existe a corrupción institucional debido ós intereses secundarios dos negocios e a política”.

Naquela ocasión, o propio Dr. Wodarg iniciou e acompañou a “comisión de investigación” da OMS no Consello de Europa, co obxecto de depurar responsabilidades e esclarecer os motivos polos cales, a OMS decretara a “emerxencia santiaria” a principios de 2009, e a metade de ano, activado tódalas alarmas e mecanismos de pánico social, declarando a “pandemia de gripe A H1N1”, cando por número de contaxios e persoas falecidas eran uns valores insignificantes, á luz de epidemias de virus moito máis contaxiosos como a malaria ou o ébola, que anualmente produce a morte de miles de vidas humanas, e non se lle concede a relevancia mediática nin se realiza a cobertura informativa como á actual crise do COVID-19.

Creo que se pode afirmar, que estamos ante a maior campaña de propaganda política e de alarmismo mediático en tempos de paz xamais despregado na historia de España. Mobilizáronse todos os enxeños, dispositivos, medios técnicos, políticos, económicos e empresariais (refírome ao gran capital do IBEX 35 e demais conglomerado empresarial multiparticipado), así como think tanks (centros ideolóxicos de produción de doutrina), universidades, centros de produción científicos e fundacións (públicas e privadas), para levar a cabo o máis importante exercicio masivo de control social desde o franquismo baixo os hashtags: #estevirusloparamosunidos e #yomequedoencasa. Son moitas as voces disidentes de médic@s, virólog@s, neumólog@s, epidemiólog@s e investigadores científic@s, tanto

nacionais como internacionais, que puxeron frontal e categoricamente en cuestión as medidas de prevención e intervención desenvolvidas durante esta crise, e concretamente, a medida de confinamento indiscriminado, sen ter en conta variables tan importantes como a saúde, a clase social ou a convivencia familiar, así como a perspectiva e a violencia de xénero. É curioso que un executivo que se presenta como “socialista, demócrata, feminista, antixenófobo e plural”, se esquecera durante estes 50 días de “arresto domiciliario” e suspensión de dereitos e liberdades fundamentais, das persoas que gozan de plena saúde, dos 7 millóns de menores, dos grupos de risco, das persoas maiores máis vulnerables e dependentes, dos fogares empobrecidos, das mulleres que se viron obrigadas a confinarse cos seus maltratadores, das persoas con tendencia depresiva ou que padecen depresión ou ansiedade, aos inmigrantes dos CIES (Centros de Internamento de Estranxeiros), os reclusos e en particular os que están enfermos, así como o colectivo dos sen teito.

Non ter en conta esta realidade social tan complexa á hora de decidir o modelo de xestión da pandemia é un flagrante acto de irresponsabilidade política, co que causaron un dano social e de saúde pública maior que o propio coronavirus, atendendo a un criterio de prevención hipocrático como o xa comentado, primun non nocere.

Deste xeito, unha vez máis, queda en evidencia a ausencia dun criterio médico e epidemiolóxico en toda a xestión política da pandemia do SARS-CoV-2, e denota un corte tecnócrata e cientificista, e confírmase na incoherencia das medidas adoptadas como a aprobación e a continuación corrección das mesmas día tras día, pondo en dúbida a competencia, a lóxica e a experiencia do “comité científico” consultado polo goberno. E como asevera o profesor da UCM, Marcos Roitman Rosenman, o país está arrasado por unha pandemia de estupidez (19). “Loitar contra a estupidez constitúe unha necesidade vital”.

En relación ás medidas económicas, a escala supranacional, só comentar que os beneficiarios do Quantitative Easing do BCE (Banco Central Europeo), ao que bautizaron co patético nome de Pandemic Emergency Purchase Programme (Programa de Compra de Emerxencia Pandémica) cun fondo de 750.000 millóns de euros e que se destinará á compra de bonos de titularidade privada e soberana, será o gran capital, en particular, as corporacións de combustibles fósiles europeos e as grandes eléctricas (Enel, Repsol-YPF, Cepsa, Shell, Total, Naturgy, etc), como xa denunciou a ong Ecoloxistas En Acción, e non as pequenas e medianas empresas que sosteñen a erosionada e inestable economía produtiva da eurozona. É dicir, os “coronabonos” só contribuirán ao aumento das grandes fortunas e á acumulación de poder das corporacións multinacionais (20).

A escala nacional, as axudas non chegarán, ou se finalmente chegan aos seus destinatarios últimos, non serán suficientes para cubrir o gran volume de gastos e de reactivación das 2.800.000 pemes rexistradas en España, como asegura un dos gurús económicos de Unidas Podemos, o catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Sevilla, Juan Torres López. O desastre económico e social é un feito irreversible:

Os mercados financeiros son unha bomba de reloxaría. Ou mellor, un mosaico de bombas en forma de diferentes burbullas e factores de vulnerabilidade e risco que poden estalar en calquera momento. Cos tipos de interese tan baixos, os grandes fondos de investimento recorreron cada día máis a acumular títulos cada vez máis arriscados que incrementan a inestabilidade e o perigo das bolsas. Por moito que interveñan os bancos centrais con centos de miles de millóns de dólares para comprar os títulos e salvar aos seus propietarios, o seu derrube será inevitable se non se frea o vórtice especulativo que as move (...).

A situación é preocupante. Os líderes do mundo non están sendocapaces de actuar unidos fronte a un perigo que ameaza a todos os países por igual. Non conseguen (especialmente en Europa) coordinar medidas urxentes e completamente efectivas para frear os problemas máis inmediatos que a propagación de virus expón ás persoas e ás empresas.

Empéñanse en darlle prioridade a preservar o valor da riqueza financeira, o que xa impediu que a crise de 2008 impulsase o necesario cambio de rumbo que necesitaba a economía mundial. Están cegos ante os fallos estruturais que acabo de sinalar. E, o que é peor, á inmensa maioría de quen toma as decisións non parece que lle importe seguir deixando na cuneta a millóns de fogares, de traballadores autónomos e de pequenas empresas. E non é por falta de alternativas, que se teñen e sabemos cales son, senón porque están pregados ó interese e ó poder dunha minoría tan avariciosa como insensata, disposta a inmolar ao mundo con tal de seguir sendo dona de todo” (21).

Nun dos seus primeiros artigos ao comezo da “crise do coronavirus”, o influente politólogo e economista belga Éric Toussaint, fixo unha análise económica e financeira exhaustiva e pormenorizadamente documentada do verdadeiro desastre social e económico que se oculta detrás da tapadeira da pandemia: unha devastadora recesión financeira global sen paralelo na historia contemporánea, e cunhas consecuencias económicas, sociais e humanas imponderables. Neste traballo, publicado no sitio electrónico do Comité para a Anulación das Débedas Soberanas Ilexítimas (www.cadtm.org), xa alertaba que no período do 15 de febreiro ao 15 de marzo, a bolsa de Wall Street, durante varios días, tivera que cortocircuitar (na linguaxe da bolsa, parar literalmente) a actividade bolsista para non levar ao sistema financeiro mundial ó colapso (22). “Os mercados bolsistas están dominados por un centenar de grupos privados accionistas que forman parte do 0,1%”.

O virus como xa se comentou e afirmouno en múltiples artigos a reputada e influente xornalista de investigación canadense Naomi Klein (23), é a estratexia usada polos gobernos das democracias occidentais que abrazaron o corolario neoliberal, representado polas políticas de austeridade aplicadas na última década co cal, poder seguir desenvolvendo as súas axendas económicas secretas. O guión desta “nova pandemia” é a adaptación das terapias de choque económico postas en marcha nas décadas dos 70 e 80 en América Latina e en diversos países de Asia. É a cruzada da nova relixión do “libre mercado” e os seus evanxelistas, os Chicago Boys (os representantes da Escola Económica da Universidade de Chicago), e en particular, os díscípulos do economista máis popular da época e Premio Nobel de Economía (concedido en 1973, polo seu gran traballo como ideólogo do programa de choque económico desenvolvido en Chile, tras o golpe de estado de Augusto Pinochet ao goberno de Salvador Allende), o profesor e Dr. Milton Friedman (O Doutor Shock).

O Dr. Friedman decatouse que podía extrapolar a terapia de choque individual a toda unha sociedade. O método fora empregado nos anos 50 polo “especialista” en psiquiatría Ewen Cameron do Allan Memorial Institute da Universidade McGill de Montreal (Canadá) cos seus pacientes (moitos deles completamente sans, con trastornos de conduta , depresión, ansiedade, etc) para resetear as súas mentes, e devolvelas a un estadio inicial e infantilizado, co obxecto de dobregar totalmente as súas vontades e manipular o seu comportamento. Materializar a tabula rasa de Aristóteles, na que poder reescribir a historia desas persoas. O programa segredo e ilegal do “Dr. Electroshock” foi promovido e financiado pola Axencia Central de Intelixencia de EE.UU. (CIA), co nome en clave de Proxecto MK-Ultra (Programa de Control Mental) (24). Se podían someter a vontade dun individuo, tamén podían facelo con toda unha poboación co despregamento de toda a batería de técnicas de control mental, a través da manipulación das ideas, emocións, hábitos, actitudes e opinións.

E así o manifestou nunha simbólica e profética frase o propio Friedman: “Só unha crise real ou percibida como tal, produce un auténtico cambio”.

E os Chicago Boys, auspiciados e bendicidos polo gran teólogo do Consenso de Washington, levaron con éxito as súas teorías económicas despois de consumarse o shock que supuxo o putsch contra o Goberno lexítimo da Unidade Popular de Salvador Allende.
A función do
shock é maximizar a desorientación, o medo e a confusión da xente, mediante o uso de todas as técnicas de control social que permitan a hábil manipulación da sociedade, mentres se implementan os plans segredos dos poderes económicos e financeiros que están a gobernar na sombra. As grandes corporacións que operan en Wall Street e os parqués máis importantes do globo, están multiparticipadas por outras grandes empresas multinacionais, e por tanto, os que gañan coas crises, as guerras ou as pandemias (reais ou percibidas) do capitalismo do desastre, son estas redes corporativas multiparticipadas que operan a escala global.

Hoxe a economía do Mundo cambiou radicalmente dende a década dos 70, na que Richard Nixon, foi o presidente de EE.UU. de transición do sistema de protección social do New Deal roosveltiano ao sistema de libre mercado friedmaniano, inaugurándoo coa voadura do sistema de Bretton Woods, que instaurara a nova orde económica e financeira mundial tras a IIGM, co obxecto de conseguir a necesaria estabilidade financeira e comercial global mediante o establecemento duns tipos cambiarios fixos e estables, establecendo o sistema do patrón ouro, e fixando o prezo do ouro ao dólar norteamericano. Para iso creáronse dúas institucións financeiras internacionais (o FMI e o BM) e aprobáronse uns acordos en materia de aranceis e comercio internacional (os GATT que acabarían integrándose en 1995 na Organización Mundial do Comercio).

En termos porcentuais, en 1971, tras a abolición dos Acordos de Bretton Woods, o 90% das transaccións financeiras internacionais tiña que ver coa economía real, é dicir, comercio ou investimento a longo prazo, e o 10% era especulativo. En 1990 as porcentaxes invertíronse e a mediados da década, o 95% dos movementos de capital diario dunhas cifras astronómicas era especulativo. A día de hoxe, son billóns de dólares os que se moven a diario nos fluxos de capital privado internacionais. Case o 99% son movementos financeiros especulativos (25).

É o vector estratéxico e definidor do capitalismo global actual: a financiarización. Pero para chegar a este punto, foi necesario tomar moitas decisións políticas, nas que non participaron os pobos do Mundo, en materia de liberalización e desregulación do sistema financeiro internacional, encamiñadas para redistribuír os beneficios entre a tiranía dos mercados, e propiciando unha maior concentración da riqueza e o poder no Mundo en mans dunha selecta minoría social ou elite: a plutocracia. (26). O selecto club dos máis ricos. Usando o termo usado hai 244 anos polo pai da economía moderna, o economista escocés Adam Smith: os Amos da Humanidade (27).

E os Amos da Humanidade, actúan sempre en base a unha vil máxima de acción: “All for ourselves. Nothing for other people” (Todo para nós. Nada para os demais). (28). Sen importarlles en absoluto nin a saúde nin a vida de millóns de persoas no planeta. Teñan este principio e este dato en conta para comprender toda a dor e sufrimento inncesario provocado a miles de persoas e familias en España e o resto dos países afectados pola pandemia do medo. E eses Amos da Humanidade son os que dirixen a OMS na actualidade, e ós que o goberno de Pedro Sánchez decidiu servir antes que ao seu pobo, desposuído de toda a súa soberanía, a cal, foi transferida aos novos tiranos do libre mercado.

Pero, ten a cidadanía algunha alternativa ao goberno plutocrático mundial? Por suposto, que si. Do mesmo xeito que Noam Chomsky, considero que a democracia é un esquema político moi sinxelo de comprender. Trátase de quen dá as ordes e quen as acata.

Polo tanto, a cidadanía ten a posibilidade de asumir un papel protagonista na historia, participar, organizarse e contratacar os duros golpes do capitalismo neoliberal en aras de construír unha sociedade desde abaixo. Por que se hai un feito sociolóxico e empírico constrastable e irrefutable, é que os cambios sociais nunca proveñen das institucións.

A transformación social radical, tradicional e historicamente, produciuse grazas á acción do movemento, dos pobos empoderados. Das persoas que se autoorganizaron e decidiron que as cousas cambiaran a mellor. E para iso hai que actuar pensando en que existen posibilidades de cambio, porque pola contra, nunca o haberá.

Por iso, como nos lembra o prestixioso e radical (no sentido de comprensión das casusas dos problemas) historiador norteamericano Howard Zinn no seu libro Ninguén é neutral nun tren en marcha: “O que importa son as pequenas fazañas de persoas anónimas que puxeron os cimentos para os sucesos transcendentes da historia”. E estas son as persoas que conseguiron cambiar as cousas no pasado e as que, sen dúbida, lograrán transformalas no futuro. Depende de nós.

  • Alberto Riveiro Sambade. Sociólogo e activista social. Titulado en socioloxía pola UDC, graduado en Cooperación para o Desenvolvemento e Técnico de Servizos Sociais e Xestión da dependencia pola UDC. Excooperante da AECID, e na actualidade traballando para o Grupo Baleas.

 

Referencias bibliográficas e fontes consultadas:

 

Outros artigos de Alberto Riveiro Sambade en QPC

Comentarios