O BNG esixe que se inicien os trámites do seguinnte treito do Corredor ata Berdoias
Ata 2029 non estarán en funcionamento os novos 5,8km do Corredor da Costa da Morte segundo as propias estimacións da Xunta tras adxudicar as obras. Pero a obra está lonxe de completarse, pois súa conexión ata Cee, e mesmo ata o porto de Brens, parece unha quimera.
En todo caso, o desmonte ata Berdoias xa está realizado, e parece necesario ir avanzando e non esperar a que as obras ata Vimianzo rematen para comezar co seguinte treito.
Asío entende o BNG pola Costa da Morte e Bergantiñosm que vai presentar iniciativas parlamentarias nas que solicita á Xunta de Galiza que inicie os trámites de actualización do proxecto da segunda fase de prolongación da AG-55 entre a AC-432 e Berdoais, e sometelo a información pública no DOG este ano 2026.
Dende o BNG lembran que esta primeira fase de prolongación someteuse a información pública no Diario Oficial de Galicia en febreiro de 2020, mais o expediente non se aprobou nin nese ano nin en anos posteriores.
“Logo da presión política do BNG e da veciñanza da comarca nestes últimos anos para reiniciar os traballos, houbo que actualizar o proxecto para adecualo á realidade de mercado no relativo aos prezos, e garantir así que a execución das obras fose viable, adecualo á nova normativa sobre o Código estrutural, e contemplar os cambios producidos na relación de bens e dereitos afectados; actualización que se fixo no 2025”, subliñou a formación nacionalista.
Desde o BNG indicaron que pasou case un ano entre que se actualizou o proxecto da primeira fase ata a formalización do contrato, polo que cren preciso ir adiantando todos os trámites necesarios para rematar canto antes unha infraestrutura vital para a Costa da Morte. Neste senso, instan ao goberno galego a actualizar o proxecto da segunda fase de prolongación da AG-55 entre a AC-432, en Calo, e o cruce de Berdoias, e sometelo a información pública este ano, co fin de contemplar no vindeiro orzamento do ano 2027 unha partida orzamentaria para licitar e iniciar os traballos de remate de forma simultánea aos da primeira fase.
“As actuacións referentes ao desmonte para a segunda fase están xa executadas e a priori non se contemplan tantas obras complexas de viadutos ou pasos superiores como na primeira fase”, salientaron os nacionalistas.
Oscar Insua manifestou que “a este paso vai levar máis tempo facer esta infraestrutura que a Sagrada Familia de Gaudí, e iso que xa renunciaron a rematala como autovía. Non podemos permitir que se alongue máis tempo, é necesario actualizar o proxecto e licitar xa o segundo tramo, para que se execute de forma simultánea”.
O parlamentario naciinalista engadiu que “hai que evitar que o cruce de Vimianzo para Camariñas se converta nun embude e provoque un auténtico caos no tráfico, e o PP sería responsable porque o sabe perfectamente e está nas súas mans evitalo”.
Artigos relacionados
- Juan Manuel Trillo: A Lúa queda máis preto que Cee: A odisea galáctica das infraestruturas na Costa da Morte
Histórico da Autovía
- Xaneiro 26: PSOE e BNG critican o anuncio da Xunta da ampliación do Corredor "sen ruborizarse e sen pedir desculpas”
- Xaneiro 26: Anunciada a licitación da ampliación do Corredor entre Baio e Vimianzo, cuia posta en marcha se prevé para 2029
- Novembro 25: A Xunta afirma que o tramo de Corredor, non autovía, ata Vimianzo non estará listo ata 2029.
- Agosto 25: A Xunta porá unha rotonda no cruce de Berdoias.
- Outubro 25: Os Orzamentos da Xunta de 2026 recollen 8 millóns para a VAC.
- Outubro 25: O BNG urxe á Xunta axilizar o expediente para comezar canto antes as obras do corredor da AG-55.
- Xuño 25: Aprobado, tras 5 anos paralizado, o proxecto dos 5,5 km de Corredor ata Pasarela.
- Maio 25: O PP volve rexeitar no Parlamento acelerar a licitación do novo treito do corredor da Costa da Morte:
- Febreiro 25: A Autovía, a gran tomadura de pelo da Xunta do PP á veciñanza da Costa da Morte.
- Outubro 24: A Xunta lanza excusas sobre o Corredor pero ratifica que se executará ata Berdoias “nesta lexislatura”.
- Xullo 24: 7 Concellos aproban mocións para esixir á Xunta que remate a Autovía Costa da Morte.
- Maio 24: A Xunta evita concretar prazos para a activación das obras da Autovía.
- Maio 2024: O BNG reivindica desde Berdoias a ampliación da autovía da Costa da Morte.
- Novembro 2023: O BNG reitera a falta de execución de partidas que aparecen ano tras ano nos Orzamentos da Xunta para a Costa da Morte
- Outibro 23: Os Orzamentos da Xunta 2024 reducen a partida para a VAP
- Febreiro 23: A Autovía volve enredarse no Parlamento.
- Febreiro 23: A alcaldesa de Camariñas urxe á Conselleira a reactivación da prolongación da Autovía/Corredor ata Calo.
- Novembro 22: O pleno de Corcubión volveu pedir que se remate a Autovía e que se elimine a peaxe.
- Novembro 22: O PSOE Costa Atlántica lamenta a falta de compromiso dos Orzamentos da Xunta coa Autovía.
- Outubro 22: Os Orzamentos da Xunta inclúen, un ano máis, unha partida para o Corredor Baio-Berdoias.
- Agosto 22: Os socialistas esixen á Xunta que cumpla coas promesas do Corredor.
- Outubro 21: Os Orzamentos da Xunta para 2022 inclúen 3,43 millóns de euros para continuar o Corredor entre Baio e Berdoias.
- Maio 21: SEA e Goberno central reiteran que a conexión do Polígono de Vimianzo coa Autovía é responsabilidade da Xunta.
- Marzo 21: Reiteran a necesidade de rematar a Autovía ata Cee, ou polo menos ata Berdoias.
- Setembro 2020: Lembran os case 20 anos de promesas da Autovía Costa da Morte ata Brens.
- Febreiro 2020: Anunciada a ampliación da “Vía de Altas Prestacións”, con saída pero sen enlace co polígono de Vimianzo.