Ampla presenza costeira na final dos Mestres Mateo
Con alegrÃa e esperanza recolle esta ano a comunidade cultural da Costa da Morte a lista de nominados aos XVII Premios Mestre Mateo. Varios costeiros estarán na gala do sábado 2 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña, optando a algúns dos 25 premios que vén de anunciar a Academia Galega do Audiovisual.

Unha Gala que será dirixida por unha amiga da nosa bisbarra como é a versátil Sonia Méndez, directora do Carballo Interplay, e na que os grandes favoritos serán os creadores dos filmes A sombra da lei e Trote, as producións máis votada entre as 167 que se presentaron aos premios, acaparando 15 candidaturas cada unha.
Tres persoas
Fede Pérez, Isabel Blanco e Marta Doviro
Entre os Nominados da Costa da Morte temos varias caras coñecidas destes premios como Fede Pérez, nominado á Mellor Interpretación Masculina de Reparto, polo seu papel en Trote, a longa de Frida Films e M-Films que vive dun xeito moi completo a vila do rural galego. O mazaricán competirá con Celso Bugallo (Trote), Denis Gómez (O sábor das Margaridas) e Ernesto Alterio (A sombra da lei).
Tamén estará a corcubionesa Marta Doviro, nominada á Mellor Comunicado/a de Televisión no seu programa “Unha viaxe para contarâ€. Loitarán polo galardón MarÃa Solar (Zig Zag), Roberto Vilar (Land Rober) ou Rodrigo Vázquez (Ti verás).
Outra das costeiras nominadas é Isabel Blanco, desta volta dende detrás da pantalla, como Mellor Realización por “Pasaporte Galegoâ€.
Tamén teremos presenza de BaÃñas. Xabier EirÃs (á dereita) ten varias nominacións: Mellor Dirección de Produción por Trote e Mellor Realización polo programa Imos Indo.
A Costa da Morte tamén se louba da presenza da produtora vimiancesa MarÃa Arochena Romero, que participa en dúas categorÃas: Mellor Longrametraxe, por Memorias dun home en pixama; e Mellor Videoclip por "El astronauta que vio a Elvis", de Love of Lesbian.
Tamén é un pouco nosa a nominación de Xosé A. Touriñán como mellor interpretación masculina no Land Rober (tamén nominado como Mellor Programa de TV), algo que xa non poderemos disfrutar máis. Competirá con grandes grandÃsimos como Antonio Durán “Morris†(Os Mariachi), Luis Tosar (A sombra da lei), e Toni Salgado (O sabor das margaridas).
Dúas producións
A rodaxe de A Nena Azul realizouse na Costa da Morte
Ademais, en clave de procuón, destaca a presencia da curta â€A Nena Azulâ€, dirixida por Sandra Sánchez, que xa fixo unha completa ruta para ensinar o traballo polos centros de ensino da comarca. A curta de Reira Filmes en produción asociada con PÃxel Films e Comunika rodado integramente na Costa da Morte, opta á Mellor Curta de imaxe Real.
O outro proxecto senporsen costeiro que está na Gala será Dinosaurio, a web serie creada no marco do Carballo Interplay do ano pasado.
Ademais, o programa Buscadores de Naufraxios da TVG, que tanto ten rodado este ano pola Costa da Morte, tamén está entre os finalistas ao Mellor Programa de TV.
Novas relacionadas
- A Nena Azul, un dos proxectos costeiros premiados no “I Premio LuÃsa Villalta pola Igualdadeâ€.
- Dinosaurio, a webserie do Interplay que narra a caÃda mundial da internet.
- #MestreMateo 2017: Marta Lado e Federico Pérez, nomeados para os #MestreMateo17.
- #MestreMateo 2016: O Moncho mazaricán, máximo candidato costeiro aos Mestre Mateo.
- #MestreMateo 2015: Completa presencia costeira nos Premios #MestreMateo15.
- #MestreMateo 2014: 3 premos para a Costa da Morte nuns Mestre Mateo con sabor a Pico.