venres. 08.11.2024
El tiempo

Ana Miranda volve pedir na Eurocámara a eliminación dos TACs e as cotas á pesca artesanal

Ana Miranda intervención pesca
Ana Miranda volve pedir na Eurocámara a eliminación dos TACs e as cotas á pesca artesanal

Como ben facendo nos últimos anos, mesmo levando expedicións completas de mariñeir@s e marisqueir@s de toda Galicia á Eurocámara, Ana Miranda volveu alzar a voz no Parlamento Europeo para que a futura Política Pesqueira Común considere a singularidade da pesca artesanal, de modo que quede excluída dos TAC’s e cotas.

A eurodeputada do BNG quixo destacar, malia que desta volta non estaba presente o comisario de Pesca, Virginijus Sinkevičius, que “o meu país, Galiza, é un Pobo mariñeiro, onde a pesca de artesanal e o marisqueo é fonte de riqueza que alimenta a moitas familias, que ten un baixo impacto ambiental, emprega artes de pesca sustentables e respecta os ciclos biolóxicos das diferentes especies”, subliñou a eurodeputada nacionalista na súa intervención no debate celebrado no Parlamento Europeo a situación da pesca artesanal na Unión Europea e as perspectivas futuras, que hoxe resultou aprobado por ampla maioría

Mostra da nula preocupación da Dirección Xeral de Pesca polo sector é o anuncio da ampliación da prohibición á pesca de fondo antes de levar a cabo a revisión das 87 vedas no Atlántico Norte que xa están en vigor. A prohibición da pesca de fondo neses caladoiros produciuse en setembro, e pese a que nun primeiro momento a Comisión indicou que en decembro se faría unha primeira revisión da decisión están retrasando tanto a revisión como os informes científicos que a sustenten esta posible modificación. “A actuación da Comisión respecto ao sector pesqueiro é inadmisible e amosa unha terrible falta de sensibilidade e un total descoñecemento das nacións pesqueiras como a galega”, manifestou.

Novas relacionadas

Comentarios