A Costa da Morte levou a voz do marisqueo a Bruxelas
- A Comisión Europea trasladou á expedición costeira que haberá novos cambios da Lei de Pesca para diferenciar á pesca artesanal

Unha completa expedición galega, invitada pola eurocon gran protagonismo da Costa da Morte, invadiu este mércores 16 de novembro o Parlamento Europeo. Invitados pola eurodeputada do BNG Ana Miranda, e antes da xornada de tarde polos 20 anos da catástrofe do Prestige representantes da pesca artesanal e do marisqueo da Costa da Morte como Kuka Sar (teniente alcalde de Fisterra), Víctor Buituron (vicepatrón de Fisterra), Merche Díaz Mayán e Nando Siaba (Secretaría e Patrón da Confraría do Pindo), Santi Pérez Haz (percebeiro de Muxía), Ana Pasantes (da confraría de Camariñas), Xosé Xoán Bermúdez (patrón de Camelle), levaron a voz da comarca á Comisión Europea.
Asuntos como o furtivismo, e a importancia de traballar para evitar (o patrón maior camellán mesmo pediu penas de prisión); os seguros por mal tempo; para pedir que a pesca artesanal quede fóra das cotas e os TACs, ou mesmo a diferencia na Lei de Pesca entre Pesca Artesanal e Pesca Industrial que precisamente levou a outra expedición en 2018 ata o Parlamento. Certo que daquela as demandas da pesca artesanal non foron escoitadas, pero segundo lle trasladaron membros da Comisión, haberá novidades importantes en breve.
Tamén trasladaron a preocupación do sector pola estratexia dos fondos europeos vinculados ao mar, enfocados a sacar a xente do mar e metela no sector turístico.
“Sentínme escoitado, e iso xa é bastante máis que cos políticos do país”, sinalaba Kuka Sar, destacando que é máis doado xuntarse coa Comisión Europea que coa Consellería do Mar.
ARTIGOS RELACIONADOS
- José Luís Louzán: Que vinte anos son nada….
NOVAS DO PRESTIGE
- O BNG destaca en Camelle a “loita colectiva da sociedade contra a infamia e a competencia na xestión do Prestige”.
- Muxía, km.0 da comunicación polos 20 anos Prestige.
- Unha necesaria xornada de homenaxe á sociedade civil que salvou a Costa.
- Que foi do chapapote do Prestige?.
- Lembrando o Prestige en formato podcast.
- Gonzo: “A política de desinformación do goberno co Prestige está moi de actualidade”.
- “O Prestige foi o momento propicio para acabar coa nosa identidade, coa nosa forma de vida no mar”.
- Mulleres tecendo memoria: Nunca máis chapapote patriarcal.
SEGUEMENTO DO XUÍZO DO PRESTIGE, POR JOSÉ LUÍS LOUZÁN
- Decembro: 2013: Nunca Máis, e a Xunta, recurrirán a sentenza do Prestige:
- 13-11-13: Nin un só culpable pola catástrofe do Prestige.