Luns. 10.08.2020
El tiempo

APCTM e CMAT propoñen potenciar o turismo deportivo

APCTM e CMAT propoñen potenciar o turismo deportivo

A estratexia turística da Costa da Morte parece que se vai enfocando a aproveitar deportivamente a nosa natureza extrema. Xa o fai Dumbría dende hai anos, acollendo probas deportivas de primeiro nivel mundial que sirven de motor turístico. Na zona, se o sendeirismo xa vai sendo marca propia, pouco a pouco parece que o Xeodestino Costa da Morte vai mirando aos deportes de aventura. Así o confirma a nova proposta de APTCM e CMAT, os entes turísticos da bisbarra, que veñen de realizar unha primeira toma de contacto para conseguir a Marca Garantía de Turismo Deportivo do Xeodestino Costa da Morte.

A directiva de APTCM e o Xerente da CMAT, Juan Blanco (Alcalde de Mazaricos), reunirónse o pasado venres con Florencio Aroca, Director RR. II de Sporttoury, entidade avalada por COE e CDS para validar a Marca de Garantía de Turismo Deportivo.

A cita serviu para comezar a inventar instalacións, servizos e experiencias de organización e usuarios vinculados o deporte e a actividade física no noso territorio, pensando na posibilidade de acoller probas deportivas de nivel nacional e internacional.

Toca agora á dirección do Xeodestino Costa da Morte analizar a cal sería o alcance funcional da licencia da Marca Sporttoury, e o que aportaría estar dentro dese Destino Marca de Garantía de Turismo Deportivo. Así tamén valorar a capacidade que ten a Comarca para acceder a esa Marca, posto que dita calificación dependería de auditorías tanto do sector público como o sector privado.

APTCM e CMAT pretenden con este tipo de iniciativas “conseguir que poidan vir máis eventos deportivos, entrar en contacto coas distintas Federacións, intentar deserolar ese potencial e poder crear así producto turístico desestacionalizador e de oferta complementaria para o Xeodestino.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios