luns. 06.04.2026
El tiempo

Pendentes dun doble incendio forestal entre A Laracha e Carballo

  • 5 vivendas dos lugares de Outeiro e Campo da Costa, en Caión, tiveron que ser desaloxadas de forma preventiva.
Incendio forestal en Caión-Foto-EloyTP
Imaxe do incendio forestal de Caión arredor das 18:00h da tarde-Foto-@EloyTP
Pendentes dun doble incendio forestal entre A Laracha e Carballo

Está a comarca de Bergantiños pendente de dous fortes incendios forestais. Dábanse en paralelo, a partir das 14:20h desta tarde de luns, un incendio na parroquia carballesa de Noicela e un en Caión, A Laracha.

Co paso das horas, os dous lumes uníronse nunha longa fronte de máis de 2km de lonxitude.

Pasadas ás 20:00h, as últimas estimacións provisionais indican que os lumes afectan unha superficie de 80 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 7 axentes, 12 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 2 técnicos, 3 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 4 avións, que estiveron atravesando a cidade da Coruña para coller auga na ría de Betanzos. 

Actualizaremos a información en breve.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Comentarios