Pan, viño e percebes da Costa da Morte no Forum Gastronómico

Este luns 8 de abril as 16h na sala Ágora no recinto Expocoruña, os Empresarios de turismo da Costa da Morte (APTCM) presentan a campaña "Meses con R, aposta segura" no Forum Gastronómico.
A presentación correrá a cargo de Pepe Formoso, presidente de APTCM e Braulio Garcia, profesor do CSHG (Centro Superior de Hostelería de Galicia) e veciño de Baio, Zas. Braulio xa fixera tamén a presentación da campaña no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.
Acompañarán a Braulio algúns dos chefs da Costa da Morte.
"Esencia" é a demostración que só con auga, sal e percebes se pode vivir unha intensa experiencia gastronómica. Os percebes serán de Corme e de Muxía, e irán acompañados polo pan de Carballo e de Fisterra. E con viño da veciña comarca de Barbanza presentado por Alberto Varela de Choiva viños.