"Está ben recuperar ese dito de toda a vida de que os meses con R son os mellores para comer marisco"

A pleno rendemento está funcionando a campaña ”Meses con R” que desenvolve a Asociación de Profesionais Turísticos de Costa da Morte (APTCM), en colaboración de 17 establecimentos hostaleiros da comarca.
Co lema “Meses con R, aposta segura”, a patronal quere poñer en valor a calidade gastronómica da Costa da Morte, e nada mellor que os propios establecimentos para facelo.
Para desenvolvela están utilizando as redes sociais @visitaCostadaMorte, que xa podedes seguir para coñecer a liña promocional.

”Toda publicidade que se faga é boa, e queiras que non sempre ten retorno”, recoñece Álvaro Rodríguez, da Lonxa D’Alvaro, que agradece "a posta en valor do noso produto de temporada na procura de desestacionalizar o turismo local". “Ademais, recuperar ese dito de toda a vida de que os meses con R son os mellores para comer marisco é unha cousa bonita”, apunta.
No restaurante muxián ofrece produto de temporada, peixe e marisco de primeira calidade, recén capturado, como robalisa, algo de rodaballo, cabracho, escarapote…
OS PARTICIPANTES
Os 23 establecementos participantes nesta campaña, que á súa vez busca fomentar a colaboración entre os sectores turístico e pesqueiro do territorio, son os seguintes:
- Liresca
- Náutico de Razo
- Asteria Beach
- Parador Costa da Morte
- A Marina de Camariñas
- O Refuxio do Naufrago
- Morada da Moa
- O Mar de Preciosa
- Mar de Queo
- Mar da Morosa
- Tira do Cordel
- A Lonxa de Álvaro
- As Garzas
- O Mocho
- Río Sil
- Taberna do Bico
- Furna Atlántica
- A Casa da Canle
- Semaforo Fisterra
- Casa de Lema
- A Casa do Peixe
- La Bombonera Carballo
- Pontemaceira
-
Segue @visitaCostadaMorte.