Aquí non se tira nada: Unha árbore de nadal reciclada
Continuamos con esta nova sección en QPC na que as imaxes son as protagonistas. Dando un xiro ás clásicas “Chapuzas galegas” que todos os xornais do país recollen, en QPC prantexamos a idea como unha demostración do enxeño dos galegos para reciclar. “A vida útil do inútil” podería ser perfectamente o tagline da sección.
Hoxe imos de novo ata a casa de José Antonio Pose que é case que un taller de reciclaxe. Dá gusto ver xente que aproveita todo, e tras facer a Petenera Agrícola, hoxe nos amosa este árbol de nada ecolóxico.
Feito a man, con madeira reciclada, pintado a man con varias cores, este Joni do Campo ten man na carpintería!
Envíanos a túa foto
Agardamos ir recuperando todas estas escenas do agro, e do urbano, da Costa da Morte. Quen mellor que vós para contarnos estes exemplos de enxeño dos vosos arredores.
Animávosvos a que nos mandedes imaxes deste calado, así como fotodenuncias, a [email protected].
Aquí non se tira nada!
- Aquí non se tira nada: Un local de ensaio feito na casa.
- Aquí non se tira nada: A Petenera Agrícola.
- Aquí non se tira nada: A Petenera Móbil.
- Un columpio de tuberías.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotos e arte de José Antonio Pose.