Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Arranca o programa da CMAT para mellorar a competitividade no sector turístico

Arranca o programa da CMAT para mellorar a competitividade no sector turístico
cmat A primeira das actividades formativas céntrase na intepretación, no márketing e nas novas tecnoloxías O curso de "Interpretación, Márketing e novas tecnoloxías aplicadas ao Turismo Natural e Cultural" abriu onte o programa formativo deseñado pola CMAT - asociación de Turismo da Costa da Morte - co fin de mellorar a competitividade no sector turístico. Os encargados de abrir o programa foron o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, e o director do MELGA, Ricardo Pérez. O programa, que conta co apoio da Deputación da Coruña, desenvolverase durante o terceiro trimestre deste ano. E precismante dese apoio se falou na presentación do programa onde se destacou 2o fantástico exemplo de colaboración entre os organismos, agradecendo ao MELGA a difusión do curso e a resposta as solicitudes de inscrición de todos os interesados”. Nesta primeira xornada formativa participaron María Elvira Lezcano González, doutora en Humanidades, licenciada en Historia da arte e diplomada en turismo, profesora da UDC no Grao e o Posgrao de Turismo, e a relatora Cristina Collazo que introduciron os aspectos da interpretación do patrimonio como ferramenta fundamental para a comunicación co público visitante dos lugares de interese patrimonial e a mellora do coñecemento do patrimonio natural e cultural do xeodestino. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/a-cmat-convoca-as-novas-mesas-de-traballo-publico-privadas-para-avanzar-no-plan-de-accion-turistico/ “A CMAT abre o prazo de inscrición para os cursos de mellora da competitividade do sector turístico” — Que pasa na costa

Outras novas

“A CMAT aproveita as lendas e o deporte para loitar contra a estacionalidade turística da Costa da Morte” — Que pasa na costa “A CMAT e varias entidades da Costa participan na mesa de traballo para definir o Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia” — Que pasa na costa “Empresarios de Bergantiños participaron na creación do Plan de Turismo na terceira mesa de traballo da CMAT” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios